Os grandes medios ocultan a masiva manifestación en contra da mina de Touro e O Pino

Ningún dos medios tradicionais en papel sacou o tema en portada, a pesar de que a marcha foi unha das máis numerosas dos últimos tempos en Santiago.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 11/06/2018 | Actualizada ás 21:18

Comparte esta noticia

Milleiros de persoas –os organizadores falan de 80.000 e a Policía Local arredor de 12.000-- percorreron as rúas de Santiago este domingo para denunciar a megamina que as multinacionais Atalaya Mining e Cobre San Rafael queren reabrir en Touro e O Pino. Un proxecto que rexeitan 140 asociacións e colectivos e ata 30 concellos da área de Santiago de da Arousa.

Unha viñeta de López sobre a mina de Touro - O Pino
Unha viñeta de López sobre a mina de Touro - O Pino

E a pesar desta masiva protesta ningún dos grandes medios considerou que este tema debería estar en portada. Ademais, destacan os casos de xornais que se len na área de Compostela, como é o caso de La Voz ou El Correo

Estes xornais, que compiten pola hexemonía informativa na zona, curiosamente coincidiron plenamente no tratamento da información sobre esta protestata. Así, ningún dos dous considerou que esta multitudinaría manifestación debería estar nas páxinas de Galicia e relegaron a información ás últimas follas, na sección de economía, con espazos ridículos de menos de media páxina.

SILENCIO INFORMATIVO

Non é a primeira vez que os opositores á Mina denuncian o silencio informativo dos grandes medios sobre esta cuestión, como antes aconteceu co proxecto de Corcoesto, que finalmente decaeu pola presión social. Un silencio din, que ten que ver coas presións da propia empresa e tamén coa Xunta, que mensualmente enche as carteiras dos grandes medios con milleiros de euros tal e como xa publicou este luns GC.

Masiva manifestación en contra da mina de Touro e O Pino
Masiva manifestación en contra da mina de Touro e O Pino | Fonte: Plantaforma Mina Touro-O Pino Non

O propio PP defendían a minaría como unha oportunidade para o "emprego" e criticaban á oposición por tentar xerar “alarmismo” con esta cuestión. De feito, na mobilización estiveron presentes os líderes dos principais partidos da oposición, Luís Villares (En Marea), Gonzalo Caballero (PSdeG) e Ana Pontón (BNG)

CRÍTICAS

As plataformas contrarias á mina sospeitan que esta podería ser autorizada en agosto, alertaron así das consecuencias para a comarca de Santiago e a zona de ría de Arousa, dunha mina que denuncian que contará con "balsas con lodos altamente contaminantes", "voaduras diarias", que usará "elementos químicos sospeitosos de causar cancro", e provocará verteduras "contaminadas" á "auga do Ulla que abastece a máis de 155.000 persoas".

Ademais, denuncian que o proxecto acumula máis de oito informes negativos e contrarios a súa implantación, mentres que a empresa nega que teña afectación nin sobre o medio ambiente, nin sobre as explotacións agrarias e gandeiras da comarca.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Andrés Sorribes Fdez

Que triste e intentarlle tomar o pelo a xente... 😕

1 Marga

Moitas grazas pola análise. Rajoy, que pa*rvo non é, só le o Marca. Luns pola mañá algúns milleiros máis tomaron conciencia da manipulación.