O polígono de Xinzo de Limia xa ten unha rede de Internet ultrarrápida

A delegada da Xunta en Ourense mantivo no Concello de Xinzo un encontro co representante de R e con empresarios da zona para falar desta aposta tecnolóxica no polígono limián.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 11/06/2018 | Actualizada ás 12:21

Comparte esta noticia

Un total de 17 empresas do parque empresarial de Xinzo de Limia dispoñen xa de acceso a internet con velocidades de ata 350 Mbps. Esta conexión é posible grazas a unha das actuacións do Plan de Banda Larga 2020, que está a impulsar a Xunta, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) en colaboración co operador R.

Creando unha web mediante Wordpress usando un ordenador portátil
Creando unha web mediante Wordpress usando un ordenador portátil

Ademais dos negocios do polígono de Xinzo, máis de 50 empresas dos parques empresariais
de Vilamarín, Pontedeva e Vilar de Santos, quedarán conectadas a estas redes ultrarrápidas
ao longo de 2018, co que a peche de ano serán 11 os parques empresariais ourensáns
beneficiados polo Plan dende que comezaron as actuacións en 2016.

De todo isto falouse esta mañá na casa do concello de Xinzo de Limia, onde a delegada da
Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, mantivo un encontro co representante de R,
Jacobo González de los Santos e máis con empresarios da zona, en presenza tamén do
alcalde limián, Manuel López Casas.

SERVIZOS R DE VALOR ENGADIDO

As empresas destes polígonos poden contratar servizos de internet a través de fibra óptica
con velocidades de ata 350 Mbps de baixada e 35 de suba, e cunha garantía de caudal do
80% sen límite de descargas.

Ademais, R pon a disposición das empresas dos polígonos a tecnoloxía necesaria para que
poidan acometer a súa transformación dixital. Nesta liña están os servizos e solucións na
nube como a videoconferencia ou a posibilidade de usar os seus equipamentos e o
software como servizo pagando só polo uso que deles fan, sen necesidade de investir.

Outra opción a man destas empresas é o acceso aos servizos do chamado Internet das
Cousas (IoT) e da industria 4.0
, relacionados coa eficiencia enerxética, control de intrusións
nas edificacións, servidores virtuais e analítica de datos (Big Data), entre outros.

PRAZOS E ORZAMENTOS

O Plan xa completou o despregamento en 61 polígonos da Comunidade e este ano chegará
a 19 máis. Deste xeito, en 2018, un total de 130 polígonos, que concentran case o 93% da
superficie empresarial ocupada, disporán de acceso a redes de máis de 100 Mpbs.

Estes despregamentos supoñen un investimento total de 5,2 millóns de euros, dos que 3,4 son subvencionados pola AMTEGA e cofinanciados ao 75% polo Fondo Europeo Agrícola de
Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Plan de Desenvolvemento Rural de Galicia
2014-2020 (PDR).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta