Temas: PORTUGAL UNESCO

Ponte... nas ondas! traspasa as fronteiras galego-portuguesas e viaxa á UNESCO

Unha delegación galego-portuguesa da asociación cultural e pedagóxica é a única acreditada en Galicia e unha das catro en Portugal para participar nun acto sobre o Patrimonio Cultural.

Por Galicia Confidencial | Tui | 04/06/2018 | Actualizada ás 13:35

Comparte esta noticia

O proxecto Ponte... nas ondas! traspasa as fronteiras galego-portuguesas para celebrar a séptima Convención de Salvagarda do Patrimonio Cultural. O acto terá lugar na sede da UNESCO de París, onde a asociación, coa súa longa traxectoria, poñerá en valor o patrimonio galego e portugués perante o resto de Europa.

Representantes de Ponte... nas ondas! na UNESCO
Representantes de Ponte... nas ondas! na UNESCO | Fonte: PNO

Ao longo da semana celebraranse con este motivo diversas accións relacionadas co patrimonio cultural, dende sesións plenarias con representantes dos diferentes países ata mesas redondas arredor da importancia de salvagardar o patriminio. A intención é poñer o foco de atención sobre a relevancia dunha boa educación cultural. Ademais, as ONGs acreditadas teñen un espazo propio para o debate e o intercabio de ideas.

Sendo o 2018 o Ano Europeo do Patrimonio Cultural, Ponte... nas ondas! leva preparadas unhas cantas actividades para estes días. Así mesmo, xa ten editado o libro-disco-dvd Na ponte en inglés, español e portugués, que recolle a traxectoria da asociación nestes 23 anos de vida. A delegación que se presentará en París está formada por profesores galegos e portugueses xunto co antropólogo da Universidade Fernando Pessoa Álvaro Campelo.

AS ACTIVIDADES DE PONTE... NAS ONDAS! NESTE ANO

Ponte... nas ondas! ten un percorrido importante no ámbito educativo e cultural. Neste ano, desenvolveu numerosas actividades en Galicia e en Portugal, como por exemplo, a celebración do Día Mundial da Radio proposta pola UNESCO. Así mesmo, está organizando o certame de recolla As imaxes do patrimonio, unha convocatoria dirixida principalmente aos centros educativos da Eurorrexión e aberta ás asocacións culturais. Os nomeamentos daranse a coñecer ao longo do mes de setembro.

Este próximo venres 8 de xuño celebrarase tamén o VIII encontro de xogos tradicionais no Centro de Estágios de Melgaço. E será un evento que reunirá á mocidade galega e portuguesa con persoas portadoras do patrimonio lúdico galego-portugués. Por outra banda, Ponte...nas ondas ! prepara unidades didácticas sobre o patrimonio inmaterial galego-portugués para dar a coñecer nas escolas da Eurorrexión as manifestacións e as expresións do
patrimonio cultural galego-portugués.

Temas: PORTUGAL UNESCO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta