Canto custa rozar os montes e limpalos de piñeiros e eucaliptos?

A Asociación Forestal de Galicia pide apoios para encarar as obrigas que pide a Xunta para previr lumes, así como cambios no plan forestal de Galicia.

Por Galicia Confidencial | Vilagarcía | 27/05/2018 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

En Galicia, hai arredor de 150.000 hectáreas de monte ubicadas nas redes primarias ou secundarias de prevención de lumes, en torno a vías de comunicación e núcleos de poboación. O mantemento de tales franxas libres de biomasa e sen piñeiros e eucaliptos representaría un custo anual de arredor de 50 millóns de euros. A actual lexislación de prevención de incendios obriga a executar rozas a masa forestal queimada. Unha cifra que, din, é inviable para os propietarios forestais.

Por iso, a Asociación Forestal de Galicia (AFG) demanda un Plan Forestal que promova a silvicultura activa, favorecendo os investimentos no monte e evitando o actual carrusel de restriccións ás que se ven sometidos os propietarios forestais. Así o decidiron en Vilagarcía durante a celebración da súa asemblea anual, na que abordou o impacto que teñen nos propietarios as normas autonómicas de prevención de incendios.

"A normativa de prevención de incendios constitúe un intento de cargar sobre os propietarios forestais unhas responsabilidades que deben ser conxuntas de toda a sociedade", denuncia nun comunicado.

LEI

Outro problema ó que se enfrontan ós propietarios forestais é o das sucesivas normativas ambientais que están restrinxindo cada vez máis a actividade forestal, cando os propietarios forestais son axentes principais na conservación do medio. "A lexislación autonómica está a convertir o monte nun problema para os propietarios, cando Galicia o que precisa é transformar o monte nunha oportunidade e nun espazo atractivo para o investimento forestal", di.

Neste sentido,a Asociación Forestal de Galicia di estar de acordo na necesidade dunha estrutura forestal que permita unha mellor defensa das vías de comunicación e das vivendas e pobos, con franxas de seguridade e corredores verdes de frondosas caducifolias, pero advirte da necesidade de liñas de financiación para impulsar tales traballos. Por outra banda, é preciso catalogar as zonas do territorio como de alto ou baixo risco de incendio, pois as medidas a esixir deben ser proporcionais ó risco e non uniformes para toda Galicia.

Por iso, aposta porque o futuro Plan Forestal de Galicia se enfoque a promover a silvicultura activa, favorecendo o investimento no monte con incentivos fiscais e apoiando o relevo xeneracional. "Para a Asociación Forestal de Galicia é prioritario que o futuro Plan Forestal se enfoque en reducir o abandono e en favorecer a xestión activa do monte",di.

Limpeza do monte
Limpeza do monte

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Un galego

Eu teño algún monte e que non veñan agora dicindo estes chupóns de subvencións que necesitan cartos para cortar as árbores porque dan para pagar e aínda sobran cartos. E se son pequenos o custo de rozar é moito menor. Eu agora teño que rozar varias fincas coma todos os anos e non lle pido nada a ninguén. Que rocen e punto e se non, que non plantaran onde non debían.

1 OutroGalego

Moi ben falado!