Anxos Roubados, Canicha, Cecimbre e Ego Sum, obras finalistas de Novela Xerais 2018

Preto de cen obras concorreron aos galardóns de Novela, Literatura Xuvenil e Infantil.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 26/05/2018 | Actualizada ás 10:46

Comparte esta noticia

Os xurados dos Premios Xerais escolleron as obras finalistas da edición 2018, segundo comunicou este venres a editorial galega. O xurado da XXXV edición do Premio Xerais de Novela, dotado con 10.000 euros e no que concorren 37 obras, acordou declarar finalistas as obras presentadas baixo os lemas: "Anxos Roubados", "Canicha", "Cecimbre" e "Ego sum".

Pola súa banda, o xurado da X edición do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil, dotado con 10.000 euros e no que concorren 22 obras, declarou finalistas as obras presentadas baixo os lemas: "Avatar <04", "Tres catorce dezaseis" e "Un laio de harmónica".

Tamén o Premio Merlín de Literatura Infantil, que chega á súa XXXIII edición, dotado con 10.000 euros e ao que concorreron 33 obras, ten como finalistas "Cariandre", "Kusuma" e "Tabardilla".

As obras gañadoras daránse a coñecer o sábado 2 de xuño.

Libros de Xerais
Libros de Xerais

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta