Que ladren os galgos, pois cabalgamos

Esta semana o presidente do goberno, acudiu a un acto dun club de carácter empresarial como parte do pistoletazo de saída da campaña electoral, porque querido lector, estamos en eleccións.

Por Arán Feijoo | A Coruña | 24/05/2018

Comparte esta noticia
Esta semana acudín a un destes actos sociais onde me manexo mellor do que parece aínda que sinto menos cómodo do que debería. Nestas cousas hai que estar se un quere decatarse en maior ou menor medida de cómo está o patio.
 
 O patio querido lector esta revolto, o empresariado en xeral satisfeito considera non sen razón que os anos de sufrimento están a tocar ao seu fin, segue existindo un certo receo pola falta de diñeiro líquido, pero o diñeiro segue estando a prezos de préstamo razoable. Percíbese medo por parte dos traballadores, se o empresario digamos de gran tamaño chegou outra vez a unha solución amigable coa banca, o pequeno, mediano e o emprendedor seguen pasando dificultades. Os traballadores teñen ata certo punto medo a perder o seu traballo aínda que de cando en vez alzan a voz. 
 
Si que se percibe unha certa atmosfera de ser razoables, ven menos caras crispadas e menos voces distorsionadas. Hai unha maior distensión a ver canto dura. 
 
A presenza do Presidente do Goberno de España a un acto dunha organización privada é independentemente da cor política que un teña e recalca a importancia que se lle dá a esa institución empresarial en detrimento de outras que fan demasiada política interna e son de pouca utilidade social.
 
Si estimado lector porque no fondo a importancia dunha organización e dunha persoa se me apuras está na utilidade, un principio básico da socioloxía, que achegas á sociedade e en función do que achegas recibirás. Parece que neste caso espérase que a citada organización empresarial achega moita. A campaña empezou, todo o mundo toma posicións xa que negocios e política están indisolublemente ligados neste país.
 
É difícil, cando non dicir imposible atopar moita xente que teña un pensamento transversal, algúns hai pero non o din.
 
 Ladran os Galgos Sancho 
 
Se o meu señor
 
 Pois entón cabalgamos 
 

Rajoy na Asemblea Xeral do Círculo de Empresarios
Rajoy na Asemblea Xeral do Círculo de Empresarios
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Arán Feijoo Covelo Consultor e RRPP. Nacido en 1978, en Vigo provincia de Pontevedra .Compaxina desde o ano 2009 labores como Auditor de Sistemas de Xestión para empresas e Institucións coa propias de Consultor empresarial en Procesos de Xestión da Calidade, o Medio e a Seguridade e saúde no traballo. LinkedIn