Temas: INCENDIOS

Controlado o incendio da Estrada (Pontevedra), tras afectar a 75 hectáreas

O da parroquia de San Paio, en Santiago, permanece estabilizado.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/05/2018 | Actualizada ás 20:02

Comparte esta noticia

O incendio que se iniciou na tarde deste sábado na localidade pontevedresa da Estrada atópase controlado, tras afectar a 75 hectáreas, segundo informou a Consellería do Medio Rural.

Incendio rexistrado na parroquia de Sampaio, en Santiago
Incendio rexistrado na parroquia de Sampaio, en Santiago | Fonte: Europa Press

O lume iniciouse ao redor das 16,37 horas na parroquia de Sabucedo e, segundo as últimas informacións de Medio Rural, quedaría controlado de madrugada, ás 1,50 horas. Na última estimación ofrecida, a superficie afectada ascendía a 75 hectáreas, das que 74 son de monte raso e unha de arboreda.

INCENDIO EN SANTIAGO

Pola súa banda, o lume rexistrado ás 16,43 horas deste sábado na parroquia de Sampaio, en Santiago de Compostela, foi estabilizado ás 19,52 horas e afecta a unhas 10 hectáreas de superficie. As mesmas fontes precisaron que as chamas comezaron sobre as 16,43 horas e que se rexistraron varios focos. Nos labores de extinción participan tres axentes, tres brigadas, tres motobombas, unha pa e catro helicópteros.

Temas: INCENDIOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta