Grixoa: vivir ao pé do lixo

Lentes Diverxentes mostra nun vídeo o desastre causado polo vertedoiro instalado na parroquia compostelá de Grixoa.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Comopostela | 16/05/2018 | Actualizada ás 11:10

Comparte esta noticia

A parroquia compostelá de Grixoa converteuse nun vertedoiro en 2008, cando se decidiu reconverter a canteira de Miramontes nun espazo para residuos inertes, refugallos de toda Galicia que van parar aí. 

Veciños da parroquia compostelá de  Grixoa, contra o vertedoiro
Veciños da parroquia compostelá de Grixoa, contra o vertedoiro | Fonte: Lentes Diverxentes

O colectivo audiovisual Lentes Diverxentes estivo cos veciños da parroquia santiaguesa e coa Plataforma de afectados polo vertedoiro Santiago de Compostela - Miramontes para mostrar á opinión pública este problema.

Na reportaxe, os afectados explican a súa guerra contra o lixo descontrolado en Miramontes. Xa gañaron algunha batalla, pero a loita segue. A última, hai pouco: o 10 de maio o complexo suspendía a recepción de residuos ante os problemas para circular dos camións de gran tonelaxe pola estrada cara a canteira.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta