Eurodeputados esixen a "devolución" de Meirás e critican "a impunidade do franquismo" en España

Apostan por levar a Europa o informe xurídico que avala a súa incorporación a patrimonio público para obter o seu respaldo.

Por E.P. | A CORUÑA | 04/05/2018 | Actualizada ás 15:25

Comparte esta noticia

Unha delegación de eurodeputados do Grupo de Memoria Histórica do Parlamento Europeo visitou este venres o Pazo de Meirás, un edificio histórico que foi "expoliado", afirman, pola familia do ditador Francisco Franco, propietaria do inmoble. Por iso, demandaron a súa "devolución" á cidadanía galega mediante a súa incorporación ao patrimonio público.

Eurodeputados visitan o Pazo de Meirás
Eurodeputados visitan o Pazo de Meirás | Fonte: Europa Press

Na visita participaron Ana Miranda (BNG), Izaskun Bilbao (PNV), Jordi Solé (Esquerra), Miguel Urban (Podemos) e Jill Evans (Plaid Cymru, Gales). Todos eles coinciden en defender que o Parlamento Europeo apoie o informe xurídico que avala a incorporación do Pazo de Meirás a patrimonio público.

Durante a visita preparada a instancias do Grupo de Memoria Histórica do Parlamento Europeo, os eurodeputados recalcaron que o seu obxectivo é "dar a coñecer e denunciar internacionalmente a situación de impunidade da que goza o franquismo o España". En declaracións aos medios ao finalizar a visita, a eurodeputada do BNG, Ana Miranda, tachou de "antidemocrático" a situación na que se atopa este pazo e insistiu en pedir a súa "devolución" aos galegos.

PÓR FIN Á "IMPUNIDADE"

"Isto non pode pasar en ningún país de Europa pero si pode pasar en España", manifestou Miguel Urban, de Podemos, que insta a terminar coa "impunidade" do franquismo que leva a ter "unha democracia de baixa intensidade". "O Pazo de Meirás é un símbolo dun espolio do réxime franquista que segue perdurando hoxe en día", sostén Urban.

Para os eurodeputados, segundo manifestaron varios deles, a visita supuxo un "salto moi retrogrado no tempo". "Sorprende ver esa imaxe que xa corresponden a unha imaxe pasada, dunha ditadura da que xa nos gustaría saír", comentou Izaskun Bilbao. ás portas do pazo.

LEVAR O INFORME XURÍDICO A EUROPA

Nesta mesma xornada, os eurodeputados foron recibidos na Deputación da Coruña, onde avanzaron a posibilidade de presentar en Bruxelas o informe xurídico. "Queremos facer noso o informe e trasladalo ao Parlamento Europeo", dicía Miranda.

O informe, elaborado por encargo da Deputación da Coruña, concluíu a finais do pasado mes de febreiro que a transmisión do Pazo de Meirás á familia Franco fíxose mediante un contrato simulado en 1941, polo que expuxo a posibilidade de acudir aos tribunais para solicitar a súa nulidade. Antes de visitar o Pazo de Meirás, os eurodeputados tamén foron recibidos polo alcalde de Sada, Benito Portela, quen agradeceu o traballo que fan para acabar co "anacronismo que supón que a familia do ditador siga sendo a propietaria do pazo".

"BOICOT" AO CONCELLO DE SADA

Mentres, desde En Marea tamén volveron a pedir este venres a "devolución" do Pazo de Meirás. Así, en nota de prensa, a formación política mostrou o seu "rexeitamento" ao "boicot" da familia Franco ao Concello de Sada ao frear a construción de beirarrúas.

Esta formación considera que este feito se dá como "vinganza" da familia Franco "por ser declarados non gratos" no pleno do Concello do pasado mes de agosto. "Esta provocación súmase a outras como a de vender o Pazo de Meirás por oito millóns de euros", sinala En Marea.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Fernando G

O expolio é o soldo da Ana Miranda.

2 anonimo

Fuman de lo bueno... O art. 1955 do CC é insalvable.

1 taquipnea

No creo que esto le caiga en gracias a otras políticas. Ya veremos cómo termina, será muy criticado, sin duda.