A Xunta xustifica a ampliación da planta de Sogama en Cerceda porque "están ao límite"

Defende que o complexo de Cerceda produce o 12% da enerxía que consomen os fogares galegos

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/05/2018 | Actualizada ás 19:51

Comparte esta noticia

O balance de residuos sólidos urbanos de Sogama recolle un lixeiro incremento da cantidade recepcionada nas instalacións de Sogama: 796.043 toneladas, un 0,7% máis que en 2016. De feito, o tratamento de residuos situouse en 579.586 toneladas, un 5,4% máis, co que supera a capacidade de tratamento do complexo, fixada en 550.000 toneladas por ano.

Lixo para incinerar na planta de Sogama
Lixo para incinerar na planta de Sogama | Fonte: Europa Press

Precisamente por iso, o vicepresidente da Xunta, Alfonso  Rueda, xustificou os plans de ampliar o complexo porque "están ao límite" do tratamento do lixo. Unha ampliación que terá un custo de 275 millóns de euros, xunto cun período de 15 anos de explotación, para poder tratar 1 millón de toneladas (un 81% máis). 

A Xunta xustifica a ampliación para atender todo o lixo urbano de Galicia. "É dicir, Sogama estará en condicións de tratar a totalidade dos residuos urbanos producidos na comunidade galega", resaltou o vicepresidente.

VENDA ENERXÍA

Na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, Rueda deu conta dun informe no que detalla os datos relativos á venda de enerxía, que en 2017 ascendeu a 512.013 megawatios, un 4,9% máis á obtida no ano anterior e o segundo mellor resultado da historia de Sogama, só superado polo de 2015. De acordo cos cálculos de Sogama está a producir o 12% da enerxía que se consome nos fogares galegos.

Ademais, un 45% dos residuos que chegaron a Sogama en 2017 transportáronse por tren, segundo o balance de actividade industrial do complexo ambiental de Cerceda (A Coruña) do que foi informado este xoves o Consello da Xunta. A Consellería de Medio Ambiente presentou este informe que explica que parte deste incremento débese á incorporación da terminal de Lugo ao sistema loxístico.

O obxectivo do Executivo autonómico neste ámbito é chegar ao 55% e avanzar até conseguir que Sogama nos próximos 10 anos mova por ferrocarril 3.750.000 toneladas de lixo, o que suporá, segundo os seus datos, un aforro de 2.230 toneladas de emisións de dióxido de carbono e case de 800.000 litros de gasoil cada ano.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 anonimo

¿ E logo non se debería ampliar ? ¿ Compre pedirlle permiso a Galicia confidencial ?