Capturan en Cambre centos de raíñas de avespas asiáticas

O obxectivo é minimizar o seu impacto no medio ambiente de cara ao verán xa que pode acabar con colmeas de abellas.

Por E.P. | A CORUÑA | 03/05/2018 | Actualizada ás 17:53

Comparte esta noticia

O Servizo de Emerxencias e Protección Civil de Cambre (A Coruña) capturou máis dun milleiro de raíñas de avespa velutina desde que comezou a campaña neste municipio hai mes e medio para a súa retirada, segundo informou o Consistorio.

Avispa velutina en Cambre
Avispa velutina en Cambre | Fonte: Europa Press

En total, os axentes deste servizo distribuíron máis de 300 trampas por todo o municipio "e téñenas xeolocalizadas para comprobar e facer un seguimento da proliferación deste insecto", sinala o goberno local.

O obxectivo, explica, é "minimizar o seu impacto no medio ambiente de cara ao verán xa que pode acabar con colmeas de abellas e enxames de avespas autóctonas nun só día". Co obxectivo de concienciar deste problema, o Consistorio organiza charlas en colexios e asociacións veciñais sobre a captura destas avespas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta