É posible facer xornalismo libre?

LibreTeo organiza unha mesa sobre liberdade informativa con destacados xornalistas, entre eles, o director do Galicia Confidencial, Xurxo Salgado. Tamén participará por videoconferencia Hervé Falciani, o informático que destapou a famosa "lista Falciani" de evasión fiscal.

Por Galicia Confidencial | Teo | 27/04/2018 | Actualizada ás 14:20

Comparte esta noticia

Manipulación informativa, control da comunicación, intervencións xudiciais e mesmo prisión. Nos últimos tempos, o xornalimo libre e independente está no punto de mira de poderes políticos e económicos debido, precisamente, a tentar informar do que pasa sen os filtros dos grandes medios subvencionados.

Precisamente, de xornalismo libre e independente falarase este sábado en Teo, dentro do LibreTeo, unha xornada que ten como lema: Software Libre. Cultura Libre. Coñecemento Libre. A mesa, que leva por lema Liberdade informativa, xuntará a destacados profesionais dos medios de comunicación, entre eles, Xurxo Salgado, director do Galicia Confidencial.

Trátase de contestar preguntas sobre onde está a liberdade informativa, cales son as consecuencias de querer exercela, se é real a presión de grupos económicos ou políticos sobre as empresas xornalísticas ou que son os medios independentes entre outras cuestións. A mesa comezará ás 11:00 horas e contará con Anibal Malvar (xornalista do Diario Público); Belén Regueira (xornalista da Radio Galega); Raquel Ejerique (xornalista de eldiario.es); Adirán Estévez (un dos administradores da Wikipedia-Galipedia); Cristina Huete (xornalista de El País) e Manel Pardo (xornalista e director de Lindeiros), como moderador.

Xornadas sobre liberdade informativa no LibreTeo, coa participación do director do GC, Xurxo Salgado
Xornadas sobre liberdade informativa no LibreTeo, coa participación do director do GC, Xurxo Salgado | Fonte: Teo

HERVÉ FALCIANI

Tamén interverá, finalmente, aínda que por videoconferencia, Hervé Falciani, o enxeñeiro informático de sistemas que fai dez anos destapou información de 130.000 supostos evasores fiscais e que está pendente dun proceso xudicial. De feito, o xuíz denegoulle a asistencia a estas xornadas.

A este respecto, Conchi García, concelleira de Promoción Económica destaca que "o LibreTeo mantén a súa aposta por aspectos coma a libertade informativa e o traballo colaborativo na busca de coñecemento común como temáticas destacadas". "A maiores tamén nos preocupamos por presentar unha oferta para toda a familia, con obradoiros para a infancia e outros para adultos" indica a responsable da organización.

A mesa redonda terá lugar no Auditorio Municipal Constante Liste. Para consultar o programa completo ou anotarte podes facelo entrando no sitio web do evento libreteo.gal. Todas as actividades do LibreTeo son de balde.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Gamela

Adiante... as batallas que se perden son as que non se dan... En GaliciaConfidencial levades tempo dando a batalla e só falta que os galegos e galegas apoien económicamente proxectos coma este para avanzar la liberdade de prensa e de información. Saúde e Boa Fortuna !!!

2 cesc

Interesante o foro este. Cada vez máis peso a presencia de medios dixitais.

1 creatinina

Hay ciertas leyes que deben cambiarse en este país. Para mejorar la seguridad. https://www.creatinina.org/