Por Galicia Confidencial | Valdoviño | 23/04/2018 | Actualizada ás 08:35
Un poboado fortificado situado no extremo leste da praia da Frouxeira, en Valdoviño, resistiu como a aldea gala de Asterix e Obelix durante doce anos. Unha resistencia numantina froito da denuncia presentada por Adega para evitar que se consumara un novo megaproxecto urbanístico.
A pesar de ocupar toda unha península, ter varias liñas defensivas e de estar catalogado, a constructora Construcciones Rías Gallegas SA proxectou sobre el unha urbanización en plena burbulla imobiliaria. Unha operación que contou co visto e prace do concello que en 2005 aprobou o proxecto de urbanización "Unidade de Actuación nº 2 de A Saiña".
A organización Adega impugnou nos tribunais a norma urbanística e o proxecto constructivo. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) acaba de darlle a razón 12 anos despois e declarou ilegal a urbanización de 69 adosados que se querían facer enriba do castro. Máis no portal Historia de Galicia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.