O PSdeG propón fixar por lei un imposto disuasorio ás bolsas de plástico dun só uso

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, rexistrou unha proposición de Lei na a Cámara galega para que a Xunta promova unha iniciativa para fixar un imposto disuasorio contra as bolsas de plástico dun só uso.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/04/2018 | Actualizada ás 17:10 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, rexistrou unha proposición de Lei na a Cámara galega para que a Xunta promova unha iniciativa para fixar un imposto disuasorio contra as bolsas de plástico dun só uso.

Patricia Vilán
Patricia Vilán | Fonte: Europa Press

Segundo indicou, esta Lei cumpre coa directiva da UE 720/2015, que o Goberno central "aínda non aplicou, incumprindo os prazos obrigados co programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente", que xa no ano 2005 fixou este imposto como medida idónea para frear o seu consumo.

Vilán insta á Xunta a "seguir o camiño de diversas comunidades autónomas", así como de numerosos países da UE, nos que o imposto "xa existe desde hai anos" e a "facer uso da súa potestade tributaria e competencia material para suplir o deixamento do Goberno central ao aplicar a normativa comunitaria".

Neste sentido, aposta por gravar o uso de bolsas dun só uso pero deixar exentas ás bolsas reutilizables, así como as biodegradables ou compostables. Tamén quedarán exentas as bolsas utilizadas exclusivamente para conter peixe e carne frescas, froitas e hortalizas, así como alimentos cociñados e conxelados.

O resto das bolsas sufrirán un tipo impositivo de 10 céntimos por cada bolsa dun só uso proporcionada, que será de 15 céntimos a partir de 2020, segundo a proposta socialista.

O PSdeG presentará esta iniciativa coincidindo coa celebración, o próximo 5 de xuño, do Día Mundial do Medio Ambiente, este ano centrado na loita contra a contaminación por plásticos, de acordo a chamada neste sentido realizada pola organización de Nacións Unidas.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta