Pedro Duque pide investimentos "decentes" en investigación e anima aos escolares: "Necesitamos moitísimos científicos"

O astronauta Pedro Duque estivo este venres en Santiago de Compostela para participar na inauguración da xornada educativa Stemlab Galicia, na que preto de 3.000 alumnos de 18 centros educativos mostraron e compartiron as súas creacións relacionadas con ciencia e tecnoloxía.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/04/2018 | Actualizada ás 15:30 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O astronauta Pedro Duque estivo este venres en Santiago de Compostela para participar na inauguración da xornada educativa Stemlab Galicia, na que preto de 3.000 alumnos de 18 centros educativos mostraron e compartiron as súas creacións relacionadas con ciencia e tecnoloxía.

Pedro Duque mantén un encontro con escolares en Santiago
Pedro Duque mantén un encontro con escolares en Santiago | Fonte: Europa Press

Duque, que inaugurou o evento xunto ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e ao conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, destacou a importancia da educación no desenvolvemento tecnolóxico e pediu investimentos "decentes" en investigación. Ante un auditorio repleto de estudantes emocionados por escoitarlle, animoulles a seguir cos seus estudos: "Necesitamos moitísimos científicos".

A xornada iniciouse cunha breve charla de Duque ante un auditorio de mozos que non parou de aplaudir e ante os que o astronauta debullou algunhas das anécdotas da súa carreira espacial.

Do mesmo xeito, advertiulles de que á humanidade lle quedan "moitos retos por diante en todas as áreas da ciencia e da tecnoloxía". "Non está todo feito en absoluto, non fixemos máis que rascar a superficie da ciencia", indicou.

Ao mesmo tempo, dixo aos estudantes que a súa ilusión e o seu entusiasmo son pezas craves para este desenvolvemento. "Iso é o que logo vai facer que esteades satisfeitos do que fixestes", explicoulles.

Ademais dos esforzos no ámbito educativo, en declaracións aos medios de comunicación, Pedro Duque apostou por "educar máis aos pais" e "incluílos" neste tipo de formación para que "o entendan" e poidan "mellorar o ambiente cara aos nenos que se interesan pola ciencia".

Aos escolares, díxolles que "se isto lles inspira", aposten e "se metan máis a iso", se esixan "máis" e aproveiten "todos os novos medios que teñen agora" á súa disposición.

INVESTIMENTO EN INVESTIGACIÓN

En canto ao investimento en ciencia e investigación, Pedro Duque advertiu de que "hai un problema xenérico de incoherencia" entre os países aos que España "se quere parecer" e aos que "realmente se parece" en materia de investimento.

"Isto debería resolverse. Se verdadeiramente quérese que España sexa un país onde haxa un desenvolvemento de ciencia e tecnoloxía que implique competitividade, hai que subir moito o orzamento en investigación", dixo Duque, que apostou por "multiplicar por tres" esta cantidade.

"Non podemos facer discursos e logo non ter os medios", sentenciou, após o que indicou que a existencia da Axencia Espacial Europea, que "medio obriga aos países europeos a participar", leva a que a situación neste ámbito "sexa máis decente". "O que hai que facer é amplialo a todas as ciencias".

Durante a xornada, Pedro Duque tivo a oportunidade de achegarse aos estudantes participantes, que lle explicaron os proxectos de ciencia e tecnoloxía desenvolvidos desde as aulas, como impresoras 3D, robots, estacións meteorolóxicas ou proxectos de reciclaxe.

Entre autógrafos e fotografías, o astronauta coñeceu de primeira man os proxectos que realizan os escolares e probou algúns deles.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 camisetas de futbol baratas

El kit para el hogar Liverpool 18-19 presenta un aspecto clásico en rojo oscuro y blanco, completo con un cuello de polo tradicional. camisetas de futbol baratas