Villares ve á Xunta "indiferente" ante a precaridad laboral e critica a baixa execución orzamentaria en emprego

O portavoz de En Marea, Luís Villares, acusou este venres á Xunta de permanecer "indiferente" ante a precariedade laboral que afecta a gran parte dos traballadores galegos, e denunciou a "despreocupación" do Goberno autonómico pola política laboral, como evidencia o feito de que, no exercicio pasado, só se executara o 57 por cento do orzamento destinado a fomento do emprego.

VIGO | 20/04/2018 | Actualizada ás 15:25 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O portavoz de En Marea, Luís Villares, acusou este venres á Xunta de permanecer "indiferente" ante a precariedade laboral que afecta a gran parte dos traballadores galegos, e denunciou a "despreocupación" do Goberno autonómico pola política laboral, como evidencia o feito de que, no exercicio pasado, só se executara o 57 por cento do orzamento destinado a fomento do emprego.

Luís Villares Reúnese En Vigo Coa CIG
Luís Villares Reúnese En Vigo Coa CIG | Fonte: Europa Press

En declaracións aos medios con motivo dunha reunión celebrada en Vigo para analizar coa executiva comarcal da CIG a situación sociolaboral da área viguesa, Villares denunciou que o 89 por cento do emprego creado na comarca desde 2014 é "precario", está vinculado a unha maior sinistralidade laboral, os salarios son un 30 por cento inferiores nos traballadores temporais e que son as mulleres as que máis sofren esas condicións.

O portavoz de En Marea proclamou que "non é admisible" este escenario, sobre todo cando a Xunta deixa sen executar unha gran porcentaxe do orzamento destinado a fomento do emprego. "Desde que chegou Feijóo á Xunta a súa despreocupación polo emprego foi tan grande que a media de execución dos orzamentos nesta materia é dun 67 por cento, pero é que o ano pasado foi de dez puntos por baixo", incidiu.

Nesa liña, sinalou que o presidente da Xunta "non ten ningún interese en que a xente teña un traballo de calidade, por iso a xente nova emigra, porque non ve futuro no seu país nin na comarca de Vigo".

PLANS INDUSTRIAIS

Por outra banda, criticou a ausencia de plans industriais que "viabilicen e diversifiquen" sectores estratéxicos, como a automoción ou a construción naval. Así mesmo, lamentou a baixa execución orzamentaria en materia de I+D+i asociada á industria.

Villares incidiu en que, agora que repunta a carga de traballo no naval, as empresas atópanse con que os operarios galegos cualificados fóronse ao estranxeiro pola "falta de oportunidades" que imperou na industria galega, por iso pediu "abordar conxuntamente" con todos os axentes implicados a elaboración un plan industrial .

O portavoz de En Marea apostou por "reivindicar a recuperación de dereitos" e preguntou a Feijóo, "se a crise xa pasou, por que non vivimos mellor, non temos os mesmos dereitos que antes e, sobre todo, os mesmos salarios". "Esta resposta está aínda sen dar. A Xunta reduce os orzamentos, as rendas de redistribución da riqueza e as oportunidades, sobre todo da xente nova", sentenciou.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta