Galicia entra na Axencia Espacial Europea

Xunta e Universidade de Vigo abrirán unha delegación co obxectivo de fomentar as vocacións científicas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/04/2018 | Actualizada ás 15:15

Comparte esta noticia

Galicia entrará na rede de oficinas de educación da Axencia Espacial Europea (ESA) cunha delegación para o noroeste de España, que se abrirá nos próximos meses da man da Xunta e da Universidade de Vigo, co obxectivo de fomentar as vocacións científicas.

Feijó na xornada STEM en Santiago
Feijó na xornada STEM en Santiago | Fonte: Europa Press

Con esta iniciativa, Galicia sumará os recursos da ESA aos do profesorado propio, xa que esta delegación significará precisamente mellor formación para os docentes, unha porta aberta para que os mozos participen nos programas e concursos da axencia e a tradución dos seus materiais educativos ao galego.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, participou este venres na inauguración da xornada educativa Stemlab Galicia, onde destacou a oportunidade que supón este evento, a primeira feira que se celebra en Galicia destas características e na que participarán preto de 3.000 alumnos e 18 centros, para facer máis visibles os proxectos de ciencia e tecnoloxía, a creatividade e a capacidade de innovar da comunidade escolar galega.

Ante os estudantes que "serán, sen dúbida, os líderes da Galicia de dentro de moi pouco tempo", Feijóo lembrou que, durante o curso pasado, máis de 5.000 profesores se formaron en tecnoloxía e máis de 2.200 en robótica

Do mesmo xeito, indicou, máis de 5.000 alumnos se forman na actualidade en robótica, programación ou identidade dixital, e 22.000 dispoñen dun kit de robótica, de impresión 3D e de computación maker.

"O noso compromiso é que, de aquí até o 2020, imos seguir avanzando no ámbito da robótica, no ámbito da programación, da identidade dixital e da impresión 3D", á vez que garantiu que en 2020 "todos os alumnos" de Galicia se poidan formar en robótica e programación.

De feito, Núñez Feijóo dixo aos escolares que terán no futuro a oportunidade de "inventar cousas coas que hoxe nin sequera soñamos" a través da investigación, o traballo en equipo e os idiomas. "Necesitámosvos", concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta