Desaloxan un edificio en Vigo e trasladan ao hospital a un menor e unha muller ao incendiarse unha das vivendas

Efectivos de emerxencias de Vigo desaloxaron na noite deste venres un edificio de tres plantas na cidade de Vigo, e trasladaron a un centro hospitalario a un menor e a unha muller, após declararse un incendio nunha das habitacións do domicilio situado na planta baixa do inmoble.

VIGO | 20/04/2018 | Actualizada ás 10:45 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Efectivos de emerxencias de Vigo desaloxaron na noite deste venres un edificio de tres plantas na cidade de Vigo, e trasladaron a un centro hospitalario a un menor e a unha muller, após declararse un incendio nunha das habitacións do domicilio situado na planta baixa do inmoble.

Segundo informaron a Europa Press fontes do corpo de bombeiros, sobre as 00,35 horas deste venres recibiron un aviso por lume nunha vivenda do número 47 da rúa Robleda, polo que até o lugar desprazáronse dous vehículos autobomba e un vehículo que abastece de auga.

Alí, todos os habitantes foran xa evacuados e os bombeiros atoparon na habitación afectada "unha importante carga de lume" --tiña un deshumidificador, unha estufa de butano, televisión, mobles e plásticos, entre outros efectos-- que produciu unha "carga de calor importante".

Fontes de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 comunicaron a Europa Press que por estes feitos un menor e unha muller, de 46 anos de idade e iniciais M.A.C.P., tiveron que ser trasladados en ambulancia medicalizada ao Hospital Álvaro Cunqueiro.

Pola súa banda, os bombeiros lograron extinguir o incendio sobre as 1,50 horas e, aínda que xa non había perigo para a integridade dos veciños do inmoble, aconselláronlles que non durmisen alí pola noite para que ventilase máis. Así, explicaron que a pesares de ser un edificio pequeno e de que ventilaron e revisaron a vivenda, "quedou un cheiro a fume moi marcado".

Como consecuencia do acontecido, a habitación na que se produciron as chamas resultou "moi danada" e o resto de dependencias da vivenda rexistraron "importantes danos pola calor e o fume". Ademais, o domicilio da segunda planta tamén resultou afectada por fume.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta