Os sindicatos da Xustiza acusan a Rueda de mentir para dividilos e piden o seu cesamento e que Feijóo tome o mando

O comité de folga anuncia que "recruará" as súas mobilizacións e reivindica a "unidade" sindical fronte as declaracións do vicepresidente, que asegurou ter un preacordo con catro dos sete sindicatos. Piden que o presidente da Xunta encabece as negociacións.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/04/2018 | Actualizada ás 21:08

Comparte esta noticia

Os representantes do sete sindicatos que están no comité de folga de xustiza —SPJ-USO, Alternativas na Xustiza-CUT, UXT, CSIF, STAJ, CIG e CC.OO.— compareceron conxuntamente para reivindicar a súa "unidade" e acusaron ao vicepresidente, Alfonso Rueda, de "mentir", á vez que esixiron o seu cesamento e que o titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, tome as rendas da negociación.

Sindicatos de xustiza volven sentar coa Xunta o 18 de abril.
Sindicatos de xustiza volven sentar coa Xunta o 18 de abril. | Fonte: Europa Press

"Non hai acordo e deixan os galegos cun conflito por 12 euros", sentenciou Manuel González Carvajal (UXT), tras un encontro para tentar desbloquear a folga dos funcionarios da Xustiza que culminou de novo en fracaso, e despois de que Rueda comparecese ante os medios para manifestar a súa "indignación" e asegurar que había "un preacordo" con catro sindicatos.

Segundo Rueda, SPJ-USO, UXT, CSIF e CC.OO., cos que asegurou que el negociou directamente, comprometéronse a levar ás asembleas dos traballadores a última proposta que este mércores deixaron sobre a mesa, antes de abandonar a reunión, os representantes do Executivo autonómico.

A "última" proposta porque a xornada foi longa e comezou sobre o mediodía cun plan económico á alza menor por parte do Goberno galego, ao que os sindicatos responderon rebaixando a súa última proposta de 180 a 140 euros lineais para cada corpo —xestores, tramitadores e auxilios—, que se aplicarían en tres anualidades. Iría ligada a unha cláusula de revisión que lles garantiría "sempre" un cuarto posto na táboa salarial de comunidades.

O Goberno galego subiu a súa aposta e presentou a segunda e última oferta do día, que se traduciu nunha suba gradual en tres anos de 135 euros máis ao mes para xestores, 127 para tramitadores e 122 para corpos de auxilio. A última 'oficial' sobre a mesa era de 133 euros ao mes para xestores; 108 para tramitadores e 105 para corpos de auxilio.

SE HAI PREACORDO "ASINADO", QUE O "ENSINE"

Segundo Rueda, "o preacordo" que catro sindicatos se ofreceron a trasladar ás asembleas de traballadores correspondíase con esta última oferta. Pero os membros do comité de folga retaron ao vicepresidente a que "se existe ese preacordo asinado" que o ensine".

Ao tempo, acusaron a Rueda de "mentir" e de tratar de "dividir". "Aquí estamos os sete membros do comité", remarcaron, antes de reivindicar a "unidade" e de avanzar que se "recruarán" as mobilizacións.

De feito, como a Xunta "se levantou" da mesa de negociación, avanzaron a súa intención de presentar un escrito diario solicitando unha nova reunión. Tamén informarán as asembleas dos traballadores da situación e insisten en que Rueda "debe irse" e Feijóo, "tomar as rendas".

"A NOSA CONTRAOFERTA TAMPOUCO ESTÁ ENRIBA DA MESA"

Así mesmo, e tras incidir en que tamén o ministro de Xustiza, Rafael Catalá, debería pronunciarse "como superior de Rueda", incidiron en que, se o vicepresidente afirmou que, dada a actitude dos sindicatos, a súa última oferta quedaba "inmediatamente" sen validez, os membros do comité aseguraron que "tampouco está xa sobre a mesa" a súa contraproposta de baixar a 140 euros.

E é que, ao seu modo de ver, a actuación de Rueda e da Xunta pon en evidencia que "non teñen intención de negociar". "Unha vez máis, a prepotencia da Xunta fai que os cidadáns teñan que seguir sufrindo a mala xestión, a mala política do señor Rueda", concluíron.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

6 Romiño

Habría que echar a toda esta pandilla de vividores de la Justicia. Las subidas propuestas son simplemente escandalosas e insultantes para el resto de trabajadores que les mantiene para no dar golpe.

1 María

Yo me mantengo sola, realizando mi trabajo que es igual al del resto de trabajadores de Justicia de España, pero por el que la XUNTA DE GALICIA me paga menos.

5 fartaxa

HAY QUE VOTAR la propuesta de unos y otros. Hat demasiados intereses por ambos lados que no son el conflicto laboral en sentido estricto...por tanto VOTEMOS

4 fartodefolga

no hace falta que Rueda los divida, ya estan divididos desde hace tiempo.

3 santa agueda

saben que os traballadores teñen a verdade da sua parte, pero non queren conceder nada, por temor o efecto contaxio, tamen outros traballadores como os de ferrovial levan x 52 días de folga no chuo de Ourense (o sergas privatiza - ferrovial escraviza) o rueda valenciano os tomou a risa desde o principio, non abordou un.ha negociación respetando os representantes dos traballadores, os minguenearon, pensaban que eran tontos, pensaban que eran consetidos e despois iniciaron os cantos xa ben coñecidos do privilexio... agora as cousas empeoraron, o principal responsable rueda valenciano... acaso pensa que vai facer recorte como o das hectáreas queimadas para decir de 50 mil hectáreas a 70 mil hectáreas queimadas que cara ten, e non xenera confianza... rueda valenciano o mellor e dimitir antes de que o frijoles remate por cesarte

2 JOSANTONIO

Se habia un preacordo como dice o Sr. Rueda ( cousa que os supostos 4 sindicatos asinantes negan) que o amose ; senon o fai haberia razons mais que suficientes para dubidar das palabras do Sr. Rueda , e creer nas dos sindicatos. En todo caso , a Xunta e incapaz de chegar a ningun acordo cos sindicatos. Pra que o numero de perxudicados non siga crecendo dia a dia con este conflicto , o seu seria que se nomease un Arbitro co gallo de que dictase un laudo ( de obrigado cumprimento) , e punto e pelota