Tres anos e nove meses de prisión por cobrar durante máis de 20 anos a pensión dun familiar falecido

Os acusados son a filla e o xenro dun falecido. A Fiscalía impúxoselles o pago dunha multa de 67.800 euros.

Por E.P. | A CORUÑA | 09/04/2018 | Actualizada ás 16:45

Comparte esta noticia

A Audiencia Provincial da Coruña condenou a un matrimonio, acusado de fraude contra a Seguridade Social e falsidade documental, a tres anos e nove meses de prisión por cobrar durante máis de 20 anos a pensión dun familiar falecido.

Acusadospor defraudar á Seguridade Social
Acusadospor defraudar á Seguridade Social

Despois de alcanzar un acordo de conformidade co Ministerio Fiscal, aos acusados, ademais das penas solicitadas pola Fiscalía, impúxoselles o pago dunha multa de 67.800 euros por cobrar durante 24 anos a pensión de discapacidade do pai da xa condenada.

Ao longo de todos estes anos, tal e como se recolle no escrito da Fiscalía, nin o xenro nin a filla comunicaron á Xunta o falecemento do beneficiario polo que a Administración continuou ingresando a contía das prestacións na conta bancaria que o falecido compartía coa súa esposa, morta en 2015.

FALSIFICAN A FIRMA

Deste xeito, durante máis de dúas décadas cobraron indebidamente 68.000 euros correspondentes ás axudas por discapacidade do pai desaparecido. Para iso, o condenado cubría toda a documentación requirida facéndose pasar polo seu sogro mentres que a súa muller, filla dos falecidos, chegou a estampar "da súa propia man unha firma que simulaba ser a do seu pai falecido", recolle o Ministerio Público.

Desta forma, segundo o escrito da Fiscalía, os acusados falsificaron até en catro ocasións a súa firma, despois de que o home falecese en abril de 1991. O matrimonio repetiu todo este proceso administrativo para cobrar indebidamente as axudas ata que no ano 2013 a Xunta requiriu do beneficiario o seu consentimento para investigar os seus datos económicos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta