GC Aberto
Temas: FENE

Fene: xuntoiro de tránsfugas e corruptos

Sen erradicar da vida política prácticas ilexítimas como o «transfuguismo». resultará imposible vigorizar a democracia, pois mantendo o acceso aberto a quen antepón o seu propio aproveito á defensa do interese xeral, a vía da involución farase endémica.

Por galfon (http://galdo-fonte-xm.blogspot.com.es/) | GC ABERTO | 09/04/2018

Comparte esta noticia

Deciden non debater a moción de censura no Concello de Fene (A Coruña).
Deciden non debater a moción de censura no Concello de Fene (A Coruña).

 

No coruñés concello de Fene a axitación política fíxose  dona da actualidade, e todo, como consecuencia da Moción de Censura interposta contra o actual alcalde do BNG por quen foi o seu antecesor no cargo e politicamente membro do super - corrupto Partido Popular, que sorprendentemente contou para tal manobra de derrocamento co apoio explícito de dous concelleiros tránsfugas. 

 

Despois de ser vangarda e referente do municipalismo mais alá dun cuarto de século tras a instauración da democracia, o Concello vive actualmente as horas mais convulsas da súa historia, tal é así, que tras 39 anos de corporacións democráticas, - en segundo intento -  esta é a primeira ocasión que unha Moción de Censura altera o normal funcionamento de a institución municipal fenesa. 

 

Non debendo estrañar á veciñanza do Concello a súa entrada en escena, considerando os factores de dependencia laboral e económica que acompañan a boa parte dos corporativos promotores da mesma; que coa súa aprobación ademais de ver resoltas as súas limitacións pecuniarias, ven protexido o seu  status e blindada a súa revogación. 

 

Protección, que anacrónicamente outorga a estes tránsfugas a indemnidade para pasarse de bando e traizoar aos seus electores baixo prezo ou mercé; a teor da feble integridade moral dos seus membros e a súa total ausencia de vocación de servizo público. 

 

Si alarmante é, deixar de novo o goberno municipal de Fene en mans dos artífices de esnaquizar as institucións coa súa corrupción, moito máis pavoroso resulta comprobar que quen a través da Moción de Censura facilitáronlle ao PP o acceso ao poder, son dous concelleiros que pescaron a súa credencial de representación institucional no caladoiro electoral da esquerda, e que para maior engano, nos comicios municipais ilusionaban á sociedade proclamando aos catro ventos xusto o contrario da felonía que agora viñeron a consumar  

 

Estou a referirme  aos "zascandiles" de Somos Fene, aos membros daquela candidatura que en campaña electoral en clara alusión ao Alcalde que agora promoven, prometían  rexenerar o ente municipal; e que actualmente polo seu repelente transfuguismo ideolóxico e o radical cambio de parecer resultan non ser de fiar. 

 

Nun municipio onde continuadamente desde a instauración da democracia a esquerda no seu conxunto sumou máis votos que a dereita, como actualmente segue ocorrendo; por aritmética electoral resulta imposible que un partido como o PP que conta co apoio dun terzo escaso dos votos, tivese  posibilidade algunha de facerse co bastón de mando da alcaldía, a non ser que se impuxese a bastardía política sobre a dinámica democrática, de tal modo que os pactos contra natura e a confluencia de intereses persoais prevalecesen sobre a vontade popular. 

 

Isto é xusto o que aquí veu acontecer  coa rocambolesca Moción de Censura, secundada desde Somos Fene, utilizando artificios gansteriles, conseguiu que o voto limpo e progresista depositado no seu favor polos electores, se transmutara na emblemática gaivota do PP que agora xa aniña na alcaldía do Concello; un obsceno proceder dos que van á política para lucrarse dela, nunha tentativa máis que evidente de facilitar que a indecencia se apropie da democracia. Un comportamento nauseabundo  e vomitivo

 

Xa que logo, aos  inimigos da esquerda na localidade non hay que buscalos entre os seus votantes, toda vez  que  o apoio electoral cara ao progresismo mantense inalterable co paso do tempo a pesar da variable  diversidade  das formacións que  conforman  o seu ámbito. 

 

Onde realmente radica a  descapitalización da esquerda no municipio, é na total ausencia  de  integridade e na falta  de  honradez dunha boa parte do seu sector dirixente, como pon de manifesto  a vendetta consumada por Somos Fene contra a  vontade dos seus enganados electores; como tamén, o implícito apoio do PSOE á Moción de Censura  que sibilinamentre  disfrazou  de abstención buscando gardar as aparencias.

 

 En contraposición é de salientar á actitude firme e de compromiso co progresismo mostrado por PODEMOS, EU e BNG a través do  rexeitamento da Moción de Censura  e defensa da  continuidade do Goberno  municipal,   o que de seu lles confire por consecuente proceder a autenticidade representativa  de esquerdas.

 

 

Queda visto por tanto, que  foron os transfugas de Somos Fene e a falsa esquerda do PSOE, os que  sen fundamento argumental probado, nun Concello con maioría electoral de esquerdas,  regaláronlle   a alcaldía á mafia política  do PP, razón sobrada para desenmascarar entre todos aos membros desta trama de indecentes e aos propios beneficiarios da felonía, coa finalidade de ir limpando o Concello de arribistas, aproveitados e persoeiros sen ética  para exercer a actividade política con integridade e en suxeición á vontade expresada nas urnas polos electores.

 

Mentres isto non aconteza, a alcaldía usurpada polo "farolas" non deixará de   ser unha apropiación indebida 

Temas: FENE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta