Temas: RC CELTA VIGO

Guerra aberta entre o presidente do Celta e o Concello de Vigo sobre o futuro do equipo na cidade

Mouriño di que a relación co alcalde está "seriamente danada" e cuestiona que o equipo continúe en Balaídos.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 26/03/2018 | Actualizada ás 17:05

Comparte esta noticia

O Celta de Vigo e o concello non pecharon as feridas sobre a ampliación de Balaídos. Unhas feridas que poden acabar en ruptura total. De feito, o presidente do Real Club Celta, Carlos Mouriño, manifestou que as relacións co Concello de Vigo e o alcalde, Abel Caballero, están "seriamente danadas".

O presidente do Celta, Carlos Mouriño, co alcalde de Vigo, Abel Caballero
O presidente do Celta, Carlos Mouriño, co alcalde de Vigo, Abel Caballero

De feito, Mouriño anunciou que "pese a quen lle pese, e vaille pesar moito, o proxecto da cidade deportiva" en Mos "vaise a facer", puxo en dúbida que o Celta siga xogando no estadio municipal de Balaídos. Así o trasladou este luns nunha rolda de prensa, despois de que o Concello de Vigo emitise a finais da semana pasada un informe relativo á modificación puntual do Plan Xeral do municipio veciño de Mos (para a construción da cidade deportiva do Real Club Celta) no que advirte de que dita modificación "non se axusta enteiramente a dereito".

O presidente do RC Celta mostrou o seu "asombro e estupor" ante este informe, co que entende que o Concello olívico "desmárcase dos acordos" que subscribiran ambas as entidades, "e o único que fai é confundir ao Celtismo e á cidade".

Neste marco, remarcou "con rotundidade" que "é legal absolutamente todo" o proxecto para a cidade deportiva do Celta na localidade de Mos, e espetou ao alcalde que se o cuestiona é que "non o estudou ben ou quere entorpecer unha vez máis o proxecto deportivo do Celta".

Temas: RC CELTA VIGO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 GilbertCampana

En http://www.spnfutbol.es/ también puedes ver todas las camisetas del equipo de la Copa Mundial 2018. Por supuesto que te gusta!

1 Arturo

Mouriño quere Balaidos gratis, para especular logo con él, e tenta presionar con que, se non llo dan, vaise para Mos.