Falan todos os partidos sobre a situación en Siria: “Hai que dialogar para rematar coa guerra”

PPdeG, En Marea e o PSdeG coinciden no “sufrimento” que a guerra está a provocar entre a poboación siria e critican a EE.UU., Turquia e Rusia por alongar o conflito.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 19/03/2018 | Actualizada ás 14:10

Comparte esta noticia

Este pasado venres fixeronse sete anos do inicio da guerra en Siria, un conflito que causou máis de 350.000 mortos no medio dun desprazamento masivo de civís de Guta Oriental, o principal feudo opositor das aforas de Damasco, e Afrin, a capital do cantón homónimo e que gobernaban os curdos.  Máis de 100.000 civís, entre eles miles de menores e mulleres, saíron destas zonas nos últimos días, obxectivo dunha ofensiva por parte das forzas gobernamentais e turcas, no maior éxodo de desprazados desde que comezou este conflito, segundo o Observatorio Sirio de Dereitos Humanos.

Guerra en Siria
Guerra en Siria | Fonte: rtve.es

Unha situación á que só pode poñer fin un diálogo fluído entre as principais potencias mundiais, segundo cren no PPdeG, En Marea e PSdeG. Tamén o BNG reclama aposta por este diálogo pero pide sancións internacionais a Turquia pola súa represión cos curdos.

 Así, mentres os populares piden que se cumplan as resolucións da ONU, o PsdG critica a internacionalización do conflito e En Marea apunta aos EEUU e algúns países árabes da desestabilizaciń en Siria.  “Siria volverá ser coma era antes, pero para pechar esa ferida aberta, ten que cumprir as resolucións da ONU e cesar os ataques”, apunta o secretario de Organización do PPdeG e responsable de Exteriores desta formación, Alberto Pazos.

Deste xeito, aposta por buscar unha saída política á actual situación. “Pero hai que ter vontade de solventar as aristas básicas da guerra”, indica en declaracións a Galicia Confidencial. Por iso, pide un “diálogo sincero” entre as distintas partes para tentar resolver este conflito porque “quen máis sofre son os cidadáns inocentes”.

O popular pon o aceno no sufrimento de millóns de persoas, moitos deles refuxiados noutros países. “Hai que garantir que esta xente teña un horizonte á vista e poidan volver ás súas casas”, indica. “E se isto non é posible aínda pois hai que garantizar as súas condicións alí onde estean”, engade sobre a situación das familias refuxiadas. 

Xihadista en Siria
Xihadista en Siria | Fonte: periodistadigital.com

AS POTENCIAS INTERNACIONAIS

Para En Marea o foco do problema da guerra siria está nas grandes potencias e, sobre todo, en EE.UU, os seus países aliados e determinadas monarquías árabes do Golfo Pérsico. “Non lles interesa a estabilidade na zona”, di a vicepresidenta da Cámara e deputada desta formación Eva Solla en alusión a Arabia Saudita ou Emiratos. “E agora está a postura cómplice con Turquia que bombardea Afrin. Está claro que a ninguén lle interesa a paz”, apunta.

Solla cre que para rematar co conflito, é importante rematar cos focos terroristas e está convencida de que, finalmente, haberá un acordo entre as distintas potencias para levar a paz a Siria. Por iso, aposta pola apertura de negociacións. “Estando todos sentados nunha mesa é como se vai resolver a situación”, indica.

Pola súa banda, o voceiro parlamentario do PSdeG, Xaquín Fernández Leiceaga, cualifica de “moi complexa” a situación que se vive en Siria. “Na guerra non hai ninguén inocente e Siria está sometida a unha ditadura por parte do seu presidente, que é hereditario, e é un peón nun taboleiro con Israel, Turquia, Irán, EE.UU ou Rusia que están defendendo os seus intereses”, asegura en declaracións a GC. “E quen sofre son os propios sirios que optan por marchar e están vindo a Europa e aí Europa non está cumplindo coas súas funcións de acollida”, asegura.

Sobre a intevención directa de Turquia contra os curdos di que “non é ningunha sorpresa porque ten un presidente agresivo que quere facer unha defensa simultánea dun nacionalismo emerxente e islamismo moderado e para el os curdos son problemáticos porquet teñen un proxecto de país laico e democrático”.

En relación a participación de militantes de esquerda de todo o mundo nesta guerra como milicianos de organizacións curdas e a morte de moitos deles, entre eles o galego Samuel Prada, alias Baran Galicia, as distintas formacións son prudentes. “É unha desgraza pero o certo é que aduden de xeito voluntario. Tamén aconteceu en Dombass –zona rusófona de Ucrania--, pero non se falaba tanto deles”, apunta Eva Solla. “É moi difícil poñerse na súa pel pero están do lado dos curdos, que son a rama máis humana e sensata do conflito”, engade Leiceaga.

Pola súa banda, en declaracións posteriores a este medio, a eurodeputada Ana Miranda denuncia a operación armada “ilegal” que Turquia está levando a cabo no cantón curdo de Afrin, en Siria, e na que está utilizando “terroristas e islamitas” para conquistar esta zona. Por iso, pide sancións internacionais para o país otomano.

Sidar e Baran Galicia cavando unha trincheira na fronte de Siria
Sidar e Baran Galicia cavando unha trincheira na fronte de Siria | Fonte: Publico
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

12 Allah Souria Bashar w bas

Pois a min paréceme ben que o goberno sirio, Rusia e Irán lle den o seu merecido aos fanáticos cortacabezas. Están usando poboación civil coma escudos humanos pero iso non será culpa de Assad, non? Siria, tumba do imperialismo!

11 Carliños

Están a esperar o que diga o politburó da UPG...

10 lalalalal

9 José Calvo

Dar a entender que o BNG ou algum dos seus membros não têm interesse na situação do povo curdo, é faltar à verdade. https://www.facebook.com/AnaMiranda...

8 a miña posicion e co:

“Los valiosos resultados de la cooperación estratégica entre Irán, Siria, Rusia y el frente de la Resistencia en la lucha contra el terrorismo están emergiendo constantemente en las esferas políticas y los campos de batalla”, ha precisado este martes el secretario del Consejo Supremo de Seguridad Nacional de Irán, Ali Shamjani, durante una reunión con el enviado especial de Rusia para Siria Alexander Lavrentiev, en Teherán, la capital iraní. Tras elogiar los grandes logros de dicha coalición estratégica en la lucha contra el terrorismo como romper el cerco de la ciudad siria de Der al-Zur (este), Shamjani ha instado a todos los países a respetar la soberanía nacional de Siria. “El compromiso de todas las partes con una solución siria-siria y la observación del derecho del pueblo del país a determinar su propio destino sin ninguna intervención extranjera allanará el camino para alcanzar un resultado y resolver la crisis”, ha indicado Shamjani.