Por X.M. Fernández | Sober | 19/03/2018 | Actualizada ás 19:13
Sober presume de cultura do viño tamén cos máis pequenos.Nas actividades divulgativas do ‘Mes do Amandi’ tamén se teñen en conta aos máis pequenos para involucralos e conciencialos da importancia do viño no concello.
O pasado venres, e dentro da actividade “Merendas con contos”, os cativos tiveron a oportunidade de visitar viñas e unha adega moi importante de Sober para coñecer de primeira man o proceso de elaboración do viño.
Outra interesante actividade dirixida aos nenos é o IV Certame de debuxo infantil “O Cultivo da Vide da Ribeira Sacra”. Recibíronse un total de 150 debuxos de gran calidade e realizados polos alumnos e alumnas de primaria de catro centros educativos da Comarca de Lemos. Mañá martes día 20 ás 12 do mediodía o alcalde, Luis Fernández Guitián, entregará os premios.
O gañador do certame foi Alejandro Pérez López, do CEIP de Monforte. Concedéronse ademais tres accésit ao mellor debuxo de cada colexio participante que oscilan entre os 150 euros e un agasallo aos participantes.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.