Unidos por Galicia, separados polo fútbol: #ONosoDerbi contado ao mundo

A canle Copa90 dedica unha nova achega da serie 'Derby Days' á rivalidade entre Celta e Deportivo e a idiosincrasia do pobo galego.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 06/03/2018 | Actualizada ás 16:27

Comparte esta noticia

Galicia e o seu gran derbi —O Noso Derbi— son os protagonistas da última achega da canle británica Copa90, cuxo reporteiro Eli Mengem viaxou a Vigo e A Coruña para coñecer de primeira man e contar ao mundo un dos eventos futbolísticos máis tolos do mundo: o derbi galego Celta-Deportivo. Aquí, as afeccións son quen de cantar unidas un mesmo himno e compartir un mesmo sentimento de pertenza, e logo botarse pedras e insultarse. 

Derby Days: Galicia. Spanish Football As You've Never Seen It Before. Programa dacanle Copa 90.
Derby Days: Galicia. Spanish Football As You've Never Seen It Before. Programa dacanle Copa 90.

Como parte da serie Derby Days, Mengem percorre Galicia de sur a norte, desde a portuguesa Vigo até a turca Coruña, para dar a coñecer ao mundo os costumes e idiosincrasia dun pobo único, o galego, vinculado á cultura celta, que emerxe e vive do e para o mar, do que extrae os mellores mariscos do mundo, pero tamén fariña (cocaína), ou que rende culto á morte. Un pobo e unha terra distintos ao resto do Estado español, talvez cun sentimento de pertenza, a galeguidade, incomparable no mundo... Pero tamén un pobo afectado por algún tipo de esquizofrenia colectiva que fai que os que abrazan a mesma bandeira e cantan unidos o mesmo himno logo se enfronte nunha guerra fraticida a paos entre eles. O derbi galego, contan nesta reportaxe, é a expresión máxima desa "tolemia" que afecta aos galegos, ou máis precisamente aos galegos de Vigo e da Coruña, as dúas grandes e irreconciliables cidades do país.

A reportaxe mostra unha das rivalidades máis intensas do mundo do fútbol e o deporte no ámbito internacional. Unha rivalidade futbolística que serve tamén como escusa para describir o carácter do pobo galego, para penetrar na súa cultura e gastronomía, na bravura dos percebeiros, na industria naval e mesmo no narcotráfico —entre os entrevistados está Nacho Carretero, autor do libro 'Farña'—.

Aderezos que logo nos levan ás pasaxes máis importantes na historia do fútbol galego, como o penalti que Djukic fallou no último partido dunha Liga que o Deportivo perdeu no seu último minuto, os éxitos do Eurocelta e os títulos do Súper Dépor. Sen deixar pasar as batallas campais entre as afeccións... Até hoxe, até o último derbi, en Riazor (1-3 para o Celta).

O mellor resumo apórtao un afeccionado entrevistado na reportaxe: "Galicia únenos, pero o fútbol sepáranos”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 camisetas sport club

Aderezos que logo nos levan ás pasaxes máis importantes na historia do fútbol galego, como o penalti que Djukic fallou no último partido dunha Liga que o Deportivo perdeu no seu último minuto, os éxitos do Eurocelta e os títulos do Súper Dépor.camisetas de futbol baratas Sen deixar pasar as batallas campais entre as afeccións... Até hoxe, até o último derbi, en Riazor (1-3 para o Celta).