Cando un proxecto cooperativo agrario venceu á emigración en pleno Franquismo con métodos “comunistas”

Os socios da actual Grille Sociedade Cooperativa Galega foron quen, hai 50 anos, de superar o minifundismo e xuntar as súas terras para poder vivir do campo.

Por Galicia Confidencial | Mazaricos | 27/02/2018 | Actualizada ás 08:35

Comparte esta noticia

“Ao principio todo o mundo desconfiaba do proxecto pero grazas a que os seus fundadores creron sempre nel, na parroquia non houbo que emigrar. O concepto de xuntar terras hai 50 anos era totalmente innovador e non tiña moito que ver coa mentalidade daquela época”, así explica Xan Ramos presidente de Grille Sociedade Cooperativa Galega, antes Cooperativa de Explotación Comunitaria do Campo San Cosme de Antes, en Mazaricos. “A fórmula deu froitos e foi exitosa ata hoxe en día, medio século despois”, di orgulloso Ramos.

Homenaxe aos fundadores de Grille Sociedade Cooperativa Galega, antes Cooperativa de Explotación Comunitaria do Campo San Cosme de Antes, en Mazaricos
Homenaxe aos fundadores de Grille Sociedade Cooperativa Galega, antes Cooperativa de Explotación Comunitaria do Campo San Cosme de Antes, en Mazaricos

Foi un 26 de febrero de 1968 cando o  Goberno  Civil aprobaba os estatutos desta cooperativa que na actualidade está na listas das principais explotacións lácteas galegas. Os seus fundadores entón foron José García Vilas, Olimpio Álvarez Casanova, Juan Rial Rial, José Ponte Martínez, Manuel Ramos Silva, Manuel Suárez Ramos, José Currais Rodríguez, José Turnes Noya, Eliseo Ramos Silva e José Maneiro Mouzo.

Precisamente, para celebrar este 50 aniversario, as persoas socias e vinculadas á cooperativa déronse cita nun restaurante este luns para lembrar ese feito. Agasallouse aos presentes cunha cunca de Buño xunto coa acta fundacional da cooperativa e cunhas figuras, tamén de Buño ás persoas fundadoras.

O alcalde de Mazaricos, Juan José Blanco Riveiro aproveitou a oportunidade para “parabenizar” aos socios fundadores por “ser pioneiros e ter a valentía de botar a andar un modelo produtivo e cooperativo que, naquela altura era case impensable”. Do mesmo xeito salientou a “traxectoria meteórica” da cooperativa pois “segue cos mesmos valores pero ten vacas de alta xenética e produce máis de 10.000 litros de leite ao día”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Edelmiro

Moi ben por vós. Vése que no país tamén hai xente que non é adolescente toda a vida. Que non está encadeado aos seus parentes toda a vida. Hainos, poucos, pero uns poucos maduran. Imaxinas a estes na EN MAREA? Nen borrachos de 3 días. Son xente que fai cousas. Que non só filosofan como adolescentes. Xentes que viven sen ter nada "totalmente" claro até que morren. Como un adolescente. A frase é: Están pero non están.