GC Aberto
Temas: MINA TOURO

De conferencia científica a anuncio empresarial

Para este mércores pasado, 21 de febreiro, estaba prevista unha conferencia na facultade de química de Santiago de Compostela baixo o título: “Touro: un novo proxecto de explotación mineira. Consecuencias ambientais”.

Por anxodoceo | Compostela | 26/02/2018

Comparte esta noticia

Este nome, obviamente, fai pensar nas repercusións e impacto que pode ter a polémica mina sobre o medio ambiente, abordado dende o punto de vista da química, e polo tanto unha perspectiva científica. Non obstante, as persoas que acudiron as 13 horas á Aula Magna da facultade atopáronse, con algo ben distinto. 

Lectura de manifesto contra a Mina de cobre de Touro
Lectura de manifesto contra a Mina de cobre de Touro

O conferenciante, Felipe Macías Vázquez, resulta ter un contrato de colaboración con empresas como TEN, fabricante de tecnosoles (tecnoloxía para a recuperación dos terreos danados pola mina), ou Francisco Gómez y CIA e Explotaciones Gallegas, as dúas directamente relacionadas coa explotación da mina, ademáis de aparecer como colaborador do proxecto no estudo de impacto ambiental. Resulta bastante obvio o interés económico que ten este suxeito na apertura do complexo mineiro, o que explica que o que presuntamente ía ser unha conferencia resultase nun anuncio de teletenda onde pretenderon vender o marabilloso proxecto e os beneficios da mina obviando cousas como a contaminación que producirá o pó en suspensión derivado das ata 6 voaduras diarias, a filtración a augas subterráneas e afluentes do ulla, podendo chegar así ata a ría de Arousa, a destrución dos miles de traballos agrogandeiros dos que vive a xente da zona ou a construcción de muros de ata 74 m de alto para a contencion de residuos. Ademáis, resulta, canto menos, pouco profesional o emprego de fotografías de manifestantes contra a mina para mofarse, así como unha serie de comentarios despectivos e ata insultantes cara xornalistas e medios comunicativos chamando mentiras a datos contrastados, moitos deles incluídos no propio informe sobre o proxecto da empresa.

Resulta chocante que dúas persoas que se identificaron como persoal da empresa mineira non só asistisen a charla, senón que saísen na defensa do proxecto ante as preguntas críticas dun dos asistentes, con todo o seu dereito a facelo. O que resulta máis abrainte do tema, é que dita conferencia se desenrolase nunha institución pública facendo uso das súas instalacións e das súas vías comunicativas para beneficiar un proxecto e unha empresa privadas, permitindo a omisión de información respecto a un tema que afecta ao conxunto da sociedade galega, e ata burlas cara ás persoas afectadas. Que a USC, unha desas promotoras e divulgadoras do coñecemento, unha institución pública e polo tanto financiada por todos, utilice os seus medios e fondos para o beneficio de empresas privadas, é un acto, xa non só de irresponsabilidade, de vergoña.

Temas: MINA TOURO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta