Rueda confía en retomar as negociacións cos funcionarios xudiciais e rexeita cambiar os interlocutores

O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, transmitiu a súa confianza en que os sindicatos volvan á mesa de negociación para acabar coa folga na xustiza, iniciada o 7 de febreiro, e insiste en que a proposta da Xunta é adecuada porque permitirá que os salarios dos funcionarios se sitúen na metade da táboa no conxunto das comunidades autónomas.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/02/2018 | Actualizada ás 18:15 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, transmitiu a súa confianza en que os sindicatos volvan á mesa de negociación para acabar coa folga na xustiza, iniciada o 7 de febreiro, e insiste en que a proposta da Xunta é adecuada porque permitirá que os salarios dos funcionarios se sitúen na metade da táboa no conxunto das comunidades autónomas.

Alfonso Ruedan en declaracións á Cadena SER recollidas por Europa Press, afirmou que se está utilizando aos cidadáns "como reféns" e sostén que "ten que haber un acordo", porque non pode ser "un conflito eterno".

"Eu négome a pensar que isto sexa un conflito eterno. Polo ben xeral; polo ben da xustiza e polo ben dos cidadáns que todos os días están tomados como reféns no sentido de que necesitan os servizos da xustiza e non se lles están prestando, e por tanto isto ten que ter un final".

Alfonso Rueda defendeu que a responsabilidade da Xunta de Galicia, pero tamén a súa persoal, é tratar de chegar a un acordo. "Pero tamén a miña responsabilidade, eu que manexo diñeiro de todos os galegos e por tanto non podo facer todas as cousas que nos piden os sindicatos. Eu creo que a maioría da xente enténdeo".

O vicepresidente engadiu que a Xunta nunca se levantou da mesa e está disposto a retomar as negociacións este mesmo luns, pero aclara que cos mesmos interlocutores por parte da Xunta, isto é, os directores xerais de Xustiza e Función Pública, como máximos responsables dos temas obxecto da reivindicación dos sindicatos.

Ante as críticas formuladas polos sindicatos, Rueda pediu que se respecte aos interlocutores da Xunta e non se busquen escusas para non chegar a un acordo.

FOLGA DE MULLERES O 8 DE MARZO

Por outra banda, preguntado sobre a folga feminista convocada para o 8 de marzo, prefire non utilizar o cualificativo de "elitista" que figura no argumentario do PP e móstrase a favor das medidas para acabar coa discriminación das mulleres.

"Como todas as folgas, é respectable. Se se trata de reivindicar os dereitos das mulleres como traballadoras, os primeiros en facelo somos nós", asegurou, pero matizando que "hai moitos mecanismos de facelo". "Apoiemos ou non a folga, no meu partido hai xente que está a favor, sempre imos atoparnos na defensa deses dereitos".

E de forma contundente, afirmou que "o PP non é belixerante co obxectivo desta data".

CANDIDATOS Á ALCALDÍA

Sobre a designación de candidatos ás alcaldías de cara ás municipais de 2019, Rueda, que tamén é presidente do PP de Pontevedra, asegurou que canto antes se nomeen mellor.

"Canto antes, mellor, sobre todo cando se vai a pór a persoas novas. Un prazo dun ano sería razoable. En municipais a xente vota ás persoas e tenas que escoitar", engadiu, admitindo tamén que a batalla electoral na provincia de Pontevedra será especialmente dura.

SUCESIÓN DE FEIJÓO

Preguntado sobre o futuro de Feijóo, o vicepresidente da Xunta insistiu en que o PPdG non está na carreira pola sucesión de Feijóo, pero en todo caso non se descarta.

"En fin, bastante duro é o día a día, e ultimamente máis, para estar ocupado nesas cousas para as que falta moitísimo tempo, e teñen que pasar moitísimas cousas. Pero por darlle algunha cousa nova que non digo nunca... eu non me descarto pero tampouco me inclúo", concluíu.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta