Temas: CATALUñA

Analizarán as estratexias soberanistas catalás desde Galicia

O Comité Galego de Solidariedade Internacionalista, Mar de Lumes, organiza unha serie de actividades para achegar unha visión máis de preto sobre o soberanismo catalá. Haberá actos en Santiago, A Coruña e Ourense.

Por Moncho Mariño | Santiago | 25/02/2018 | Actualizada ás 14:02

Comparte esta noticia

O membro das CUP, Albert Brotan, foi convidado polo colectivo Mar de Lumes para dar  unha serie de conferencias en Galicia entre os días 28 de febreiro e o 1 de marzo. Brotan foi membro do Parlament de Catalunya a pasada lexislatura. A súa presenza responde ao desexo de poder explicar as posturas e estratexias dentro do movemento soberanista catalán e que desembocaron na actual situación en Catalunya.

Albert Botran
Albert Botran | Fonte: Mar de Lumes

Os motivos desta palestra explícaos a Galicia Confidencial Óscar Valadares, membro de Mar de Lumes: "entre os seus tres principios fundamentais do colectivo, está a defensa do dereito de autodeterminación dos pobos, independentemente de como se materialice ese dereito". Nese sentido, Valadares apunta que "en Catalunya ese proceso político está aberto e nós o apoiamos de maneira clara", de feito "Mar de Lumes fixo parte da Plataforma Galiza con Catalunya".

CALENDARIO

A Plataforma estivo moi activa o ano pasado, pero agora mesmo "está pendente que se aclaren os acontecementos porque coa situación actual é algo complexo". Por isto último "para clarificar o proceso sen que veña mediatizado por diversas axendas, para iso trouxemos a Botran". O membro das CUP non é a primeira vez que vén a Galicia. Participara nalgunhas palestras sobre o dereito de autodeterminación organizadas en Galicia.

O calendario destas xornadas é o  seguinte, o día 28 de febreiro ás 20:00 na Facultade de Ciencias Políticas da USC; o día 1 de marzo ás 12:00 horas na Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña e ese mesmo día ás 20:00 en Ourense no centro social A Galleira. O día 2 de marzo haberá un encontro coa prensa no Auditorio de Galicia.

Temas: CATALUñA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

7 Edelmiro

Está ben que fagades iso. Pero si queredes debater sobe o "procés" que venhan do BNG. Que EN MAREA están os adolescentes do país de 20, 30, 40 50 e máis anos. E tamén uns cantos pedantes. Destes que saben moito pero ninguén deles saíu do povo ou da cidade de provincias mentais. Mola moito ser de esquerdas e serem de EN MAREA pero premendo o "like" de youtube. Se buscas homes e mulheres independentes que tenhan o seu trabalho, familia, ou non familia tradicional, vai ao BNG. Que os de EN MAREA están no pub filosofando.

6 MaikelborrachoideNoia

Está ben isto de Mar de Lumbres, así o partido-taxi de liberados MGS fai algo máis que xestionar perfís troll nas redes sociais.

5 Marguerite in Jacobusland

Por poñerlle unha banda sonora á historia esta. https://www.youtube.com/watch?v=i2C...

4 Marguerite in Jacobusland

Anda, que aos citados non os podedes chamar desafortunamente. Vaites, seguro que hai un descendente ou unha descendente disposta a nos explicar coma nos salvaron da barbarie... Caro escritor que escribiches sobre a ex-Yugoeslavia, nunca pensaches no efecto bolboreta??? Moves as ás e... Co ben que ía todo! E a partir de agora... Chi lo sa? Coma era o refrán de miña avoa? Ah, si: " No se puede estar en misa y repicando".

3 Marguerite in Jacobusland

E os vigueses, que me dicides? Se xa se sabe, Abel, quen vos convertiu en cidade: https://www.elnacional.cat/es/cultu... "en el periodo de tiempo que Vigo pasó de ser un pueblo de 6.000 habitantes a una ciudad de 30.000 residentes; contribuyendo, de esta forma, a crear la señal de identidad arquitectónica y urbanística de la que, actualmente, es la ciudad más poblada de Galicia." Vaites, creo que tedes que levar ao todos eses descendentes de semellantes emprendedores que nos levaron, seica á modernidade, a falar deste tema. Que os vigueses quintuplicaron o seu número por estes "emprendedores". A ver, xa atopamos a solución aos nosos problemas demográficos. Jasús, tanta preocupación e temos aos solucionadores prestos a salvarnos. Se multiplican por cinco a poboación!!! En fin, un conselliño: non sigades ofendendo a intelixencia dos que inda pensamos.