Un home, excarcerado despois de chocar contra un muro o coche no que circulaba en Barro (Pontevedra)

Un home resultou ferido na tarde deste sábado en Barro (Pontevedra) ao saírse da vía o turismo no que viaxaba, segundo informa o 112.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/02/2018 | Actualizada ás 19:09 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Un home resultou ferido na tarde deste sábado en Barro (Pontevedra) ao saírse da vía o turismo no que viaxaba, segundo informa o 112.

A vítima tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Ribadumia despois de que o vehículo no que circulaba terminase accidentado contra un muro.

O sinistro ocorreu na N-550 no lugar de Lourido, na parroquia de Perdecanai, sobre as 16,10 horas. Nese momento, o 112 recibiu a alerta do accidente a través do 061.

Enseguida, o 112 pasou o aviso aos membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Ribadumia, aos voluntarios de Protección Civil de Barro e á Garda Civil de Tráfico.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta