A Federación Rural Galega denuncia que os prezos do leite en Galicia sitúan a España á cola de Europa

A Federación Rural Galega pide un "cambio urxente" de políticas da Xunta ante o baixo prezo do leite

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/02/2018 | Actualizada ás 18:29 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Federación Rural Galega (Fruga) denunciou que o recente informe sobre o sector lácteo, publicado por CETAL (Centro Tecnolóxico Agroalimentario), confirma que España é o quinto país da UE co prezo máis baixo do leite, estando Galicia por baixo da media estatal, polo que pide un "cambio urxente" das políticas da Xunta de Galicia.

Vaca
Vaca | Fonte: Europa Press

Fruga relata que, na actualidade, estanse a percibir "síntomas preocupantes", especialmente no que se refire aos contratos e á evolución dos prezos dos derivados lácteos, concretamente, a manteiga e o leite en po.

Nos últimos meses, denúnciase, os prezos destes derivados sufriron importantes baixadas nas poxas internacionais, co cal estas baixadas "repercuten de forma directa no prezo" que perciben as granxas galegas.

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL COMO "MERO ESPECTADOR"

O colectivo critica que o papel das administracións e, en especial, o da Consellería do Medio Rural, esté en ser "un mero espectador", deixando que as industrias e a distribución fagan "o que realmente lles pete".

Como consecuencia desta situación no último ano "desapareceron en Galicia 464 explotacións lácteas" e, en cambio, desde a Consellería do Medio Rural "liquidouse todo tipo de órgano interprofesional, mesa do leite, observatorio de prezos". A estas políticas débense, segundo a Federación, que Galicia se sitúe á cola do prezo que se percibe e á cabeza do número de abandonos que se producen cada ano.

"Parece que esta Consellería traballa máis para beneficiar ás empresas de fóra de Galicia que ao sector produtor galego", critícase desde Fruga, que reclama un "cambio urxente" e advirte que, "pola contra, o futuro de máis de 8.000 gandarías que a día de hoxe quedan no país será totalmente incerto".

PREZOS

Segundo o informe do CETAL, ao que fai referencia Fruga, o prezo medio do leite na UE en 2017 foi de 37'77 céntimos, mentres que en España reduciuse até os 30'93 céntimos de euro. O prezo medio é así o quinto máis baixo de Europa, só por diante de Portugal, Bulgaria, Lituania e Romanía.

En decembro o prezo medio en España foi de 4 céntimos por baixo da media europea, sendo en Galicia 1 céntimo inferior -- 32,22 céntimos-- á media estatal. Ademais, máis do 80% do leite galego é recollido, transformado e comercializado por empresas de fóra de Galicia e o 33% sae sen ningunha transformación. "Galicia permanece como subministradora de leite barato para estas empresas", engade a organización.

Segundo o informe CETAL, os baixos prezos de media en España débense á cifra galega, xa que en Galicia prodúcese o 38% do total, mentres que en comunidades como Asturias, País Vasco ou Andalucía os prezos son superiores.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta