Pontón (BNG) esixe á Xunta que "mova ficha" para evitar o "insulto" da venda do Pazo de Meirás polos Franco

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, esixiu ás administracións, e á Xunta de Galicia en primeiro lugar, que "movan ficha" para evitar que os herdeiros do ditador Francisco Franco "fagan caixa" coa venda do Pazo de Meirás, tras coñecerse que nun portal inmobiliario se vende esta propiedade por oito millóns de euros, no que sostén que é un "insulto a este país".

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/02/2018 | Actualizada ás 17:47 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, esixiu ás administracións, e á Xunta de Galicia en primeiro lugar, que "movan ficha" para evitar que os herdeiros do ditador Francisco Franco "fagan caixa" coa venda do Pazo de Meirás, tras coñecerse que nun portal inmobiliario se vende esta propiedade por oito millóns de euros, no que sostén que é un "insulto a este país".

Preguntada polos medios de comunicación este sábado sobre a posta á venda do Pazo de Meirás por parte dos herdeiros de Franco, Ana Pontón denunciou que "esta situación se prolonga máis do necesario porque a propia Xunta quere dilatar unha solución".

Ana Pontón engadiu que desde o BNG considérase "importante que a Xunta de Galicia mova ficha para que o Pazo de Meirás volva ser patrimonio de todos os galegos e galegas", porque é "un insulto a este país que a familia Franco queira facer negocio cun espolio".

Por este motivo, asegurou que "é necesario que todas as administracións públicas, empezando pola Xunta de Galicia, movan ficha". O obxectivo, engadiu, sería evitar unha situación que definiu como de "auténtico esperpento", isto é, "que os herdeiros de Franco fagan caixa á conta dun espolio dun ben de todos os galegos, dun ben de interese cultural", que tería que "ser posto a disposición de Galicia".

Para Ana Pontón o Pazo de Meirás, situado no municipio coruñés de Sada, tería así que pasar a titularidade pública para ser convertido en "un espazo para a recuperación da memoria e non para a exaltación do franquismo".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta