O PPdeG reivindica que ser de Novas Xeracións é "un postulado case revolucionario" nos tempos "do populismo"

A xunta directiva dos populares galegos incorpora a 15 membros da súa organización xuvenil

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/02/2018 | Actualizada ás 15:05 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A xunta directiva do PPdeG incorporou a 15 membros da súa organización xuvenil, Novas Xeracións (NN.XX.), co obxectivo de "renovar" o partido. O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, resaltou que apostar por un proxecto "centrista, serio e reformista" como o do PP "é un postulado case revolucionario" nunha época na que "o populismo quere ser moda".

Novas Xeracións e Miguel Tellado
Novas Xeracións e Miguel Tellado | Fonte: Europa Press

Tellado presidiu, xunto ao líder de NN.XX., Adrián Pardo; a reunión da executiva da formación xuvenil dos populares galegos, que acordou os 15 nomes que pasarán a formar parte do máximo órgano de dirección entre congresos do PPdeG.

Segundo Pardo, os elixidos son "un fiel reflexo" da mocidade galega e representan á Galicia "urbana, rural e das vilas medias". "Mentres outros partidos só utilizan aos mozos para suxeitar pancartas en manifestacións, o noso demostra que aposta por eles", remarcou Pardo.

Pola súa banda, Miguel Tellado destacou a "valentía" dos que optan por un proxecto como o dos populares nun momento no que "algúns queren dicir que ser novo é incompatible con ser do PP".

"Somos o partido máis votado tamén entre os máis novos porque a nosa mocidade é a que máis se parece á galega", reivindicou Tellado, que sinalou que "a renovación é unha das claves do éxito" do seu partido.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Alexandre Dadas

Sempre houbo bandullos agradecidos e Javis Dorado da vida.