Tellado sobre o 8-M: "A folga de mulleres é o máis machista que se pode facer"

O secretario xeral do PP de Galicia participou nunha reunión da executiva de Novas Xeracións. Ve esta folga como unha maneira de apartar a atención na loita pola igualdade

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/02/2018 | Actualizada ás 14:18

Comparte esta noticia

Miguel Tellado participou este sábado nunha reunión da executiva de Novas Xeracións (NN.XX.), xustificou este argumento de modo que entende que convocar e realizar paros exclusivamente para mulleres é "desviar o tiro" da loita pola igualdade entre sexos.

Miguel Tellado (PPdeG), en rolda de prensa
Miguel Tellado (PPdeG), en rolda de prensa | Fonte: Europa Press

"Temos que involucrarnos todos", remarcou Tellado, para logo incidir en que a folga "non é a medida" acaída para combater a desigualdade porque reduce a problemática a "unha guerra de sexos".

Deste xeito, avanzou que o PPdeG organizará un acto na Coruña o 8 de marzo con motivo do Día da Muller Traballadora. O secretario xeral do PPdeG pediu que "non se utilicen" os días conmemorativos "con fins políticos".

"Non estamos dispostos a que nos dean leccións formacións que se enchen a boca con eslogans e cando estiveron nas institucións non fixeron nada", remarcou Tellado.

Nesta liña incidiu que o PP traballa "para levar a igualdade real do plano teórico ao efectivo", para logo sinalar que a fenda salarial entre homes e mulleres é "máis baixa" en Galicia que no conxunto estatal, que á súa vez, ten unha media  máis baixa que a UE.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

5 Pondaliao

Badoco!

4 PPartido PProgre

A folga é ILEGAL e aquí ninguén ten o que hai que ter para actuar en consecuencia, e aínda por riba sae o sucnor progre de Tellado a calificala de machista e a falar da fantasmática fenda salarial. O xente normal xa está farta, o primeiro partido que ouse enfrontarse á paranoia feminazi vai encher o saco de votos.

3 O.Bejarano

Tellado: Como sigas engordando ,vas a estoupar

2 cazarraposas

Miguelito Tejado, será que, como din as malas línguas, cando estabas enchufado polo Benegá de Fene xa eras así de curto? Ter experiencia servindo a diferentes amos dáche un plus de demagóxia barateira! Que nobre fin escondes ti que non sexa político ou partidista? Por certo, debe irche ben co Partido Podre, estás engordando, nótase que te manteñen mellor!

1 Guillerme Gintonic

Para estar no BNG non hai que ser listo

1 Calquera

Bobo.