Temas: CIUDADANOS

Ciudadanos tentea ao exconselleiro Javier Guerra para as autonómicas

O secretario de organización de C´s Galicia asegura que a formación asiste a "un achegamento" de persoas após os resultados en Cataluña.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/02/2018 | Actualizada ás 14:08

Comparte esta noticia

Ciudadanos contactou co que foi conselleiro de Economía e Industria no Goberno do popular Alberto Núñez Feijóo, Javier Guerra, para mostrarlle o seu interese de encabezar as súas listas para as próximas eleccións autonómicas. Fontes do partido laranxa en Galicia confirmaron estes achegamentos. Ademais, sinalan que ese interese existe e que houbo "un contacto" con Guerra, por agora sen maior percorrido.

Javier Guerra
Javier Guerra | Fonte: Europa Press

O secretario de organización de C´s Galicia, Laureano Bermejo, asegura que a formación asiste a "un achegamento de distintas persoas, simpatizantes, perfís profesionais e distintas posicións" por mor dos resultados obtidos en Cataluña. "En Cs sempre estamos dispoñibles para dialogar, para atender aos cidadáns e aqueles que veñan de onde veñan, queiran formar parte do noso proxecto", sinala Bermejo.

CREANDO ESTRUTURA EN GALICIA

"Iso non implica, en principio, máis que un diálogo", advirte, aínda que recoñece que "o resultado dese diálogo pode chegar a distintas posicións". O que "prima" para Cidadáns, subliña Bermejo, é o seu "ideario" e "a maneira de facer política". En Galicia, segundo explica, están "a crear estrutura" que aspiran a que os leve "ter os resultados que permitan avanzar a Galicia nunha dirección de futuro". Bermejo di tamén " hai persoas que o entenden e nos apoian, os resultados desta expansión veranse ao seu debido tempo".

TRAXECTORIA POLÍTICA DE GUERRA

Javier Guerra chegou ao Executivo de Núñez Feijóo como un home de empresa, e tivo no novo concurso eólico do PP uno dos seus principais obstáculos. Após ser conselleiro de Economía e Industria, disputou a presidencia do Partido Popular en Vigo coa tamén exconselleira, neste caso de Facenda, Elena Muñoz.

Foi en decembro de 2016 cando Muñoz se impuxo a Guerra por 420 votos a 319. Así, no XII congreso local do PP vigués, a extitular de Facenda obtivo así o 56,07% dos votos, fronte ao 42,72% de Guerra e un 1,21% en branco. Previamente, os populares vigueses atravesaron unha clara división interna recrudecida nas eleccións municipais nas que o PP, con Muñoz como candidata, co respaldo de Núñez Feijóo, esborrallouse e pasou de 13 a 7 concelleiros.

Temas: CIUDADANOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Anti..

Hai que facer algún pagamento por ir nos primeiros postos ou é de balde?