Rueda urxe aos sindicatos a negociar e di que "os cidadáns son os reféns da folga"

O vicepresidente da Xunta rexeita "vetos" a interlocutores da Xunta e defende que el xa está "directamente implicado" na negociación. Avisa aos funcionarios que continúen o paro que os descontos nas súas nóminas seguiranse a aplicar e pide "responsabilidade" en servizos mínimos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/02/2018 | Actualizada ás 14:06

Comparte esta noticia

"Os que se foron, por favor, que volvan canto antes". É a mensaxe que lanza  Alfonso Rueda aos sindicatos de xustiza, nun momento con funcionarios do sector en paro indefinido desde o pasado 7 de febreiro, parece máis enquistado que nunca e as posturas das partes cada vez máis distantes.

Alfonso Rueda, en la entrevista con Europa Press
Alfonso Rueda, en la entrevista con Europa Press | Fonte: Europa Press

Nunha entrevista concedida a Europa Press, o tamén conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza identificou a manifestación que este sábado percorreu as rúas de Santiago "cun instrumento de presión perfectamente admitido", sempre que predomine "o respecto", pero remarcou que a Xunta segue "sentada" na mesa de negociación.

"A Xunta segue na mesa e non imos chegar a un acordo se non nos sentamos. Somos perfectamente conscientes de que hai un conflito e queremos solucionalo canto antes", trasladou o vicepresidente, quen di que son os sindicatos os que se levantaron "con escusas", en alusión á esixencia dun cambio de interlocutor.

E é que o martes desta semana, o comité de folga no que están representados SPJ-USO, Alternativas na Xustiza- CUT, UXT, STAJ, CSIF, CIG e CC. OO., levantouse das negociacións e, tras cargar contra o director xeral de Función Pública, José María Barreiro, quen encabeza a delegación da Xunta xunto co seu homólogo en Xustiza, Juan José Martín, pediron outro interlocutor.

Os sindicatos chegaron a apuntar ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, pero sobre todo piden a implicación directa do propio Rueda, que ve "unha escusa" detrás desta demanda e mesmo un indicio de que os sindicatos poderían non ter o "mesmo grao de interese" en negociar que o Executivo autonómico.

"Eu díxenllo moitas veces, dirixo as negociacións na parte que me corresponde. Si, son o responsable de Xustiza e estou concernido coas persoas que están na mesa. Se o problema é ese, que os sindicatos non se preocupen, que o señor Rueda está directamente implicado", proclamou.

En todo caso, preguntado acerca de se a Xunta está disposta a tomar a iniciativa para retomar o diálogo, insistiu en que son os sindicatos "os que se levantaron". Dito isto, manifestou que a Xunta "xa tomou a iniciativa moitas veces", polo que volver facelo "non sería un problema". Iso si, avisou que non se poden permitir "os vetos". "Se se quere negociar negóciase, pero non vale a escusa de que 'non me gusta o interlocutor'", advertiu.

"UNHA SAÍDA TEN QUE HABER"

Na entrevista con Europa Press, preguntado acerca de ata cando pode un sistema xa de seu sobrecargado como o da xustiza galega aguantar unha folga indefinida, contestou que el traballa para que haxa "unha solución". "Unha saída ten que haber, non sei en que momento", esgrimiu, antes de recoñecer que, " sinceramente", nunca pensou que o paro puidese prolongarse tanto, xa que, ao seu entender, a Xunta puxo sobre a mesa "unha boa oferta", polo que estaba seguro de que habería acordo

Aínda que non quere falar de prazos e insiste en que os sindicatos "esaxeran" nos seus cálculos de xuízos suspendidos, máis de 7.000 ata o momento, segundo as cifras difundidas polo comité de folga, o vicepresidente admite que a xustiza é "un servizo esencial" e "cada día" que pase de paro traducirase "en máis prexuízos". "Ata onde se pode chegar? Non o sei", sinalou.

E incidiu en que máis que os números, hai que "pensar nas persoas". Como exemplo, aludiu ás testemuñas que teñen que ir a un xuízo e "perden o día" ou quen necesita facer trámites importantes e non poden facelo. Neste punto, apelou á "responsabilidade", tras suxerir que se está facendo "unha interpretación dos servizos mínimos" coa que non concorda.

"Os cidadáns son os reféns desta folga e quen a mantén non é a Xunta", constatou, antes de recoñecer que tamén hai "un prexuízo económico", en relación, por exemplo, a que non se realicen os trámites necesarios para comunicar á Seguridade Social un falecemento e que haxa pensións que se sigan cobrando.

"OS DESCONTOS VANSE APLICAR"

"O diñeiro en cuestión vaise recuperar, pero con máis dilación", proclamou o vicepresidente, quen, preguntado sobre as críticas dos sindicatos ao que a Administración vai 'recadar' cos descontos nas nóminas pola folga, respondeu que a lei "está para cumprila". "E os descontos vanse aplicar", aseverou.

"Pero se os sindicatos cren que a Administración está a recadar moito, é tan fácil como deixar a folga", manifestou, antes de recalcar que, se se suxire aos traballadores que se poderán "recuperar economicamente" a través de horas extra para axilizar o traballo aprazado, este "non é a formulación da Administración en ningún caso".

De feito, aínda que precisou que, para medir como se soluciona o "colapso" derivado da folga, é preciso ver "canto vai durar", que "atascos" se xeran e que hai que retomar, mostrouse convencido de que "se están producindo prexuízos que dificilmente se van a poder recuperar con horas extra".

"PRESIÓNS DOS PIQUETES"

Ao longo da entrevista, insistiu en pedir "responsabilidade" á hora de exercer os servizos mínimos e alertou de "presións" por parte dos piquetes sindicais que, ao seu modo de ver, van "moito máis alá do dereito á folga". Tras recalcar que a Xunta "non discute" este dereito, lamentou determinadas actitudes que, ao seu xuízo, din "moi pouco da calidade democrática" dalgúns representantes sindicais.

Rueda admitiu que "está a haber queixas" por parte dos cidadáns, pero rexeitou falar de "sancións". "Se proceden, terá que habelas. Pero non é o que me preocupa agora, o que me preocupa é que se presten os servizos que hai que prestar", dixo.

A PROPOSTA SEGUE SOBRE A MESA

Acerca de se, no caso de que se retomen as negociacións, hai posibilidades de mellorar a proposta da Xunta, Rueda reiterou que na maior parte das reivindicacións (consolidación de emprego, amortizacións e substitucións de compañeiros de rango superior) o Goberno accedeu "ao que queren os sindicatos".

En canto á "discriminación" nas baixas por incapacidade temporal, subliñou que se comprometeu co comité trasladar a Galicia as "condicións máis vantaxosas" que se acorden nas negociacións no ámbito estatal. O que parece inamovible é a proposta de subida do complemento autonómico, que a Xunta mantén entre 816 e 1.080 euros máis ao ano, segundo o corpo. "Representamos ao conxunto dos galegos que pagan impostos", alegou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Galegus

Cierto lo que cuenta Rueda, líder del partido más votado por los gallegos. Pero se echa de menos que la policía no actué contra el matonismo sindicial ni la violencia que los de siempre aplican contra los funcionarios que legítimamente no quieren hacer huelga.

1 isaac parker (arkansas)

FRIJOLES: tes un inútil o mando da xustiza, e un nugalleiro o mando das brigadas de extinción de lunes ... o pobo galego pide o cesamento do inútil e do nugalleiro.. fainos un favor a todos e saca a este señor do butacón, a non ser que o estes utilizando de parachoques, si e asi ti es o responsabel do que esta a pasar, nestes momentos a xustiza en un casa de P... o que esta pasando e apoteósico e mundial, todo o aparello xudicieiro desde os xuices togados e sen togar, os aVogados das silveiras, os funcionarios probos e outros de media dieta os tes a todos protestando, un monton de sindicatos, incluso xente de orde as tedes levado as barricadas o único que os esta salvando e o xuiz "VILLANO" cada vez vai a parlamentar cos protestones a protesta enfriase e disminue, a marea e xa a taboa de salvación dun gobernó incompetente!!!