Prisión provisional comunicada e sen fianza para o presunto autor dun atropelo mortal en Culleredo (A Coruña)

O xulgado de instrución número 1 da Coruña ditou prisión provisional comunicada e sen fianza para o presunto autor do atropelo mortal dun home de 68 anos en Culleredo (A Coruña) en xaneiro deste ano, segundo informaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

A CORUÑA | 24/02/2018 | Actualizada ás 13:30 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O xulgado de instrución número 1 da Coruña ditou prisión provisional comunicada e sen fianza para o presunto autor do atropelo mortal dun home de 68 anos en Culleredo (A Coruña) en xaneiro deste ano, segundo informaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

O home, que foi detido o venres despois dunha investigación na que colaboraron policías locais de varios concellos e a Garda Civil, pasou este sábado a disposición deste xulgado, en funcións de garda.

Está investigado por tres delitos: homicidio imprudente, omisión do deber de socorro e por conducir sen permiso, xa que o carné fóralle retirado.

Representantes da Policía Local de Culleredo e da Garda Civil explicaron o venres que se trata dun home de mediana idade. Após a súa detención, despois dunha investigación na que se rexistraron 500 vehículos, o home, de mediana idade, recoñeceu os feitos. O atropelo produciuse cunha furgoneta prestada xa que el non era traballador da empresa propietaria.

O vehículo foi localizado en Arteixo (A Coruña) como resultado dun despregamento policial e unha investigación na que se chegou a ter a 8.000 vehículos nun rexistro para dar co autor dos feitos.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta