Temas: ARDE LUCUS LUGO

Danzas de hai 2.000 anos e recreacións en banda deseñada na antesala do Arde Lucus 2018

O Arde Lucus Cultural terá medio cento de actividades de inspiración romana e castrexa organizadas polo concello e as asociacións.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 23/02/2018 | Actualizada ás 18:51

Comparte esta noticia

Visitas guiadas polo Lugo romano, danzas de hai 2.000 anos ou recreacións da vida de romanos e castrexos en banda deseñada serán algunha das novidades dunha nova edición do Arde Lucus Cultural, a antesala do Arde Lucus, festa declarada de Interese Turístico Nacional.

Desfile de romanos no Arde Lucus do 2016
Desfile de romanos no Arde Lucus do 2016 | Fonte: JCS

O Concello e as asociacións de recreación histórica do municipio teñen preparadas medio cento de actividades de inspiración romana e castrexa, para este evento lúdico cultural que terá lugar nos meses previos ao Arde Lucus. A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre presetou xunto con representantes das asociacións Mercenarios Galaicos, Caetra Lucensium, Guardia Pretoriana, Senatus Lucus Augusti e Salesiani Luci Augusti estas novas actividadeS.

PASEO POLO LUCUS ROMANO

Esta programación arrincará o 10 de marzo con danza romana e rematará o 13 de xuño cunha conferencia do foro romano, pasando por obradoiros artesanais, andainas e cine, entre outros. Entre as novidades desta edición destacan os paseos por Lugo con Paulo Fabio Máximo, que acompañado polo seus lictores descubrirá a historia de Lugo. Serán os segundos sábados de mes de marzo, abril, maio e xuño. A saída é, en todos os casos, ás 11:30 horas, dende o Miliario da Praza Armañá.

Do mesmo xeito, para esta edición está programado o I encontro de banda deseñada histórica de Galicia, con Víctor Boullón, Tokio, Miguel Fernández, Tomás Guerrero, Pepe Carreiro e Manuel Cráneo. Este encontro contempla 3 charlas e dous obradoiros, que terán lugar no MIHL no mes de abril.

O Balneario de Lugo converterase en escenario sobre as intrigas políticas romanas. Será o 5 de maio, a partir das 12:00 horas.

Temas: ARDE LUCUS LUGO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta