Miguel Sande gaña o I Certame de Nova Dramaturxia Galega Actual

A peza "A enterradora (blogue)" destaca sobre as 14 obras recibidas nesta primeira edición do certame. O xurado subliña a “honestidade” e a forma “actual e orixinal do tratamento da morte” por parte de Sande. O certame está organizado pola compañía viguesa Feira do Leste co apoio da Deputación de Pontevedra.

Por Moncho Mariño | Santiago | 24/02/2018 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

O escritor e xornalista Miguel Sande (A Pastoriza-Arteixo, 1961) é o gañador do I Certame de Nova Dramaturxia Galega Actual. A obra coa que Sande acadou o premio desta primeira edición titúlase "A enterradora (blogue)". En palabras do autor "é unha moza enterradora que vai contando as súas experiencias a través dun blog e unha webcam e todo isto vaille espertando o que é o sentido da vida, do pracer, do sexo e disfrutar da vida". 

Miguel Sande
Miguel Sande

A intención de Miguel Sande con esta "A Enterradora (blogue)" é un intento de mostrar ata que estremos podemos levar o uso das novas tecnoloxías, mesmo á morte. "Este hábito co paso do tempo vaille traer problemas, porque moita xente non entende ben o feito de que esta muller narre as súas experiencias desde un lugar como é un cemiterio".

Segundo o xurado, a obra de Sande destacou sobre as 14 presentadas polo "moi orixinal e actual tratamento dun tema como é a morte, moi presente na idiosincrasia da morte". Así como a honestidade de "fuxir da linguaxe contemporánea pretenciosa e afondar na estrutura dramática que foxe de canons".

En palabras de Miguel Sande este I Certame de Nova Dramaturxia Galega Actual "é un certame que tenta ir máis alá do tradicional, é moi novidoso e era tamén moi necesario porque quere abrir novos camiños na expresión teatral e para min é o máis interesante".

O I Certamente de Nova Dramaturxia Galega Actual está organizado pola compañçia viguesa Feira do Leste e conta co apoio da Deputación de Pontevedra.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta