Feijóo presume do coñecemento do galego e do seu “bilingüismo harmónico” para dar exemplo a Cataluña

“Por moito monolingüismo que se queira impoñer, non se coñece mellor unha lingua”, asegura o presidente galego que suliña que a situación do coñecemento do galego é o mellor de todas as nacionalidades históricas con lingua propia.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 22/02/2018 | Actualizada ás 15:09

Comparte esta noticia

As xeracións máis novas están protagonizando “un proceso acelerado de monolingüización en castelán” advertía este mércores a Real Academia Galega (RAG) na presentación dun informe durante a celebración do Día da Lingua Materna. Unha situación que supón unha creba da transmisión lingüística interxeracional e, por iso, reclamaba un “compromiso sincero, unha acción eficaz e iniciativas máis ambiciosas” por parte do Goberno galego e do conxunto das institucións galegas e dos axentes sociais para atallar esta tendencia.

O Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, nunhas xornadas
O Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, nunhas xornadas | Fonte: xunta.gal

Con todo, a percepción que ten o presidente da Xunta é completamente diferente. “En Galicia o 73% dos galegos asegura que é bilingüe”, dixo Feijóo para puntualizar que o idioma está, actualmente, “na mellor situación posible” ante outras linguas minoritarias do estado, nomeadamente, o catalán e o euskera. 

Neste sentido, destacou que 1,3 millóns de galegos se declaran bilingües e competentes nas dúas linguas e que o 85% da poboación coñece ou pode falar e escribir en galego. “E estes datos non son comparables a Cataluña ao País Vasco onde a situación é peor”, dixo na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta ao ser preguntado por GC polo informe da RAG. Por iso, defendeu o seu “bilingüismo harmónico” --o mesmo que impulsou durante o seu decreto do plurilingüismo e que foi tan contestado na rúa-- como modelo para Cataluña.

155 E CATALUÑA

“O lóxico é ter un ensino bilingüe e que os rapaces coñezan igualmente o catalán e o galego”, suliñou sobre a posibilidade de que o Goberno español utilice o 155 para modificar a ensinanza do castelán no sistema educativo de Cataluña. “Hai mecanismos constitucionais, pero todos temos que cumprir o ordeamento xurídico e será o mesmo co 155, antes e depois”, aclarou.

Manifestación de Galicia Bilingüe na que participaron dirixentes do PP e de UPyD
Manifestación de Galicia Bilingüe na que participaron dirixentes do PP e de UPyD | Fonte: elconfidencialautonomico.com

Ademais, o presidente galego quixo deixar claro que “por moito monolingüismo que se queira imipoñer, non se coñece mellor un idioma”. E, por iso, insistiu en defender o seu modelo, o mesmo que implantou en Galicia durante a súa primeira lexislatura porque, suliñou, “é o menos malo”. 

SAÚDE DO IDIOMA

O presidente galego debullou os datos do informe da RAG que máis lle conveñen ao seu goberno para salientar que, non todo ese estudo é negativo para a saúde da lingua, e que demostra que hoxe o galego o poden escribir e entender máis xente. Con todo, ocultou outros como o importante aumento dos monolingües en castelán, un 38% entre os 5 e 65 anos, fronte ao 34% de monolingües en galego e o 28% que se declara bilingüe. 

“É un informe moi interesante para medir a saúde de todas as linguas do Estado, non só do galego”, dixo ao tempo que indicou que “haberá que estudalo polo miúdo” porque para a Xunta segue sendo “unha prioridade” que o galego tamén chegue aos máis novos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

9 Galaic

Na República independente da miña casa, teño tres cans e un gato, ca miña lei lingüística armónica e cordial sen labazadas todos iles entenden o galego sen problema o cara llo é que non son quen de falalo. O mesmo que o narigudo.

8 Anominus

Feijoo ademas de cinico eres un hi jo de pu ta a ver si lo volveis a censurar

7 Minhamamainhadoceo

Este home está coma unhas maracas!

6 Plurilingüe

En fin... Que quredes que vos diga? Despois de ler isto, téñoo claro: quédome con Feijoo. Ata estou pensando en votalo. https://www.digitalsevilla.com/2017...

5 Plurilingüe

Eu alégrome moito de que sexa bilingüe, pero para cando o trilingüismo?