Falou ou non falou Feijóo de tramas incendiarias?

O presidente da Xunta di que el nunca dixo que houbera tramas incendiarias na vaga de lumes de outubro, senón que falou sempre de “terroristas forestais”. Suliña que foi a Fiscalía, e non a Xunta, a que abríu unha investigación para tentar esclarecer se había un terrorismo indendiario organizado. “E teñen as conclusións en febreiro cando dicían que as ían ter en abril”, ironizou.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 15/02/2018 | Actualizada ás 19:19

Comparte esta noticia

Horas despois da dramática vaga de incendios do día 15 de outubro de 2018, o presidente galego Alberto Núñez Feijóo acusaba da situación ao “terrorismo incendiario” e apuntaba, sen decilo claramente, a unha trama organizada. O propio Mariano Rajoy uníase a esa hipótese dunha cadea de lumes “provocados” uns días despois. E, con eles, conselleiros como a de Medio Rural , Ángeles Vázquez, e o de Presidencia mantiñan o mesmo

Voluntarios en Vigo colaboran na extinción dos lumes na cidade, en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017
Voluntarios en Vigo colaboran na extinción dos lumes na cidade, en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017 | Fonte: Miguel Núñez.

O propio Alfonso Rueda xa negaba a existencia dunha trama unhas semanas despois cando o fiscal de Medio Ambiento, Álvaro García Ortiz, descartara xa existencia de tramas organizadas tras a apertura dunha investigación. “O Goberno galego non fala de tramas incendiarias, a diferenza do que ocorría co bipartito, senón de persoas que queiman o monte”, suliñaba o vicepresidente na Cámara galega en resposta a unha pregunta da oposición.

E ese mesmo argumento foi utilizado por Feijóo este mesmo xoves que defendeu que, tras a vaga de lumes que afectou a Galicia en outubro, decidiu investigar "de oficio" se existían ou non. "Dixémolo desde o principio, non temos evidencias da existencia de ningunha trama", aseveraba esta fin de semana o fiscal delegado de Medio Ambiente, Álvaro García Ortiz, nunha entrevista en Europa Press. 

Preguntado respecto diso por Galicia Confidencial tras a reunión semanal do Consello da Xunta, Feijóo remitiuse ao que dixo "ao principio, durante ou ao final". "Vostede non atopará declaracións miñas en relación con concretar que había unha trama incendiaria", trasladoulle ao xornalista. A continuación, advertiu que quen decidiu investigar "se había unha trama incendiaria ou non" foi a Fiscalía, "non a Xunta". "E foi a Fiscalía de oficio, non a petición da Xunta", remarcou, antes de incidir en que, se se deu este paso, é de "supor" que o fixo "porque podería ter indicios".

E QUE DIXO FEIJÓO?

"Se hai unha trama ou estaban organizados, iso correspóndelle á investigación e ás autoridades policiais e xudiciais concretalo. Que, na nosa opinión, non hai dúbidas de que houbo accións simultáneas e que estas accións indiscriminadas puxeron en risco patrimonio e vida das persoas... É a nosa opinión”. Era o que dicía Feijóo catro día despois da vaga de lumes.

Voluntarios en Vigo colaboran na extinción dos lumes na cidade, en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017
Voluntarios en Vigo colaboran na extinción dos lumes na cidade, en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017 | Fonte: Miguel Núñez.

E mesmo ía máis alá ao falar de situacións “anómalas” como "lumes intensos de madrugada" ou "focos simultáneos". "A actividade incendiaria foi máxima, non hai ningún rexistro de 264 lumes en dous días en ningún ano; e dous de cada tres quedaron en conato. A capacidade dos servizos de extinción está probada, pero non se pode loitar contra o imposible",  dicía á vez que apuntou que "se atacaron os parques naturais" e que en Ourense, a pesar de ser a provincia "con menos eucaliptos", foi onde máis ardeu.

"ACTOS TERRORISTAS"

Iso era o que dicía entón. Apuntaba directamente a unha trama incendiaria e, tamén, a terroristas incendiarios. Catro meses despois Feijóo xa non apunta á trama pero “reitera” o do terrorismo incendiario. “O que dixen e reitero é que hai actos de incendiarios que son asimilables a actos terroristas. Iso dígoo e reitéroo, alá quen prefira minimizar os actos de incendiarios e reducilos a brincadeiras, descoidos ou tolemias", suliñou. "Digo que hai actos incendiarios que, na nosa opinión, son asimilables a actos terroristas porque pon en perigo a vida e os bens dos galegos", reafirmou.

Por iso, volveu tentar escorregar o bulto e suliñou que o das tramas foi cuestión da Fiscalía. “Investigar se había trama incendiaria ou non foi da Fiscalía Superior de Galicia, aínda que a Fiscalía de Medio Ambiente di agora que, coa información que teñen, non teñen evidencias de que hai tramas incendiarias".  

E aproveitou para tirar das orellas á Fiscalía. “Eu lin que esa investigación se pecha en abril. Pois estamos en febreiro. Se se pecha en abril e en febreiro xa temos as conclusións debe ser que xa está pechada agora", advertiu.

En todo caso, indicou que á Xunta tampouco lle "sorprende" o informe final da Fiscalía de Medio Ambiente "porque basicamente é o mesmo que vén dicindo todos os anos". "O que si que nos gustaría é que tivésemos máis éxito tanto a Garda Civil, como a Policía Nacional como a Autonómica ao pór a disposición xudicial aos incendiarios. Aí si que nos gustaría ter máis éxito, como temos noutras operacións xudiciais", concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 A PP-iromaniaca ataca!!!

e o outro o Rueda Valenciano sen demitir, sigue cos parafusos ben incrustados na sofaciño de xefe de sala do 1-1-2, dixeron de terrorismo incendiario, pero non fixeron nada por destruilo, andan a conxura incendiaria facendo das suas, queimando bosques, queimando montes, e seica incluso queimando casas e xentes, a conxura terrorista incendiaria existe, non e como din os fiscais expañolentos, e un conglomerado sin centro de mando e decisión pero cando ven que chegan os ventos enton saen todos polas noites, en cada pobo existe un pirómano nominado, meten lumen, as lapas corren polos montes, pero os da xunta non corren precisamente (vice caca RUEDA VALENCIANO) o pánico extendese polo rural a xente vai a caldeiradas, os medios non aparecen, o SUPER FRIJOL COA MANGUEIRA NON APARECE, as lapas e o fume negro si que están presenten, arde o monte na curouta, arden os bosques, arden os eidos, arden os jaliñeiro!!!! O LUME XA ESTA NAS PORTAS DAS CASAS!!!!

1 anonimo

O presidentiño botando balóns fora, .... se queres ver un papán mételle ó presidentiño unha mangueira na man.