Os apicultores galegos buscan formas de combater a vespa velutina

Representantes do sector apícola de lugares afectados por esta especie invasora, reuniranse en Arzúa este sábado 17 para coñecer diferentes maneiras de eliminar o tártago asiático.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 15/02/2018 | Actualizada ás 10:19

Comparte esta noticia

O sector do mel en Galicia quere facerlle fronte á vespa velutina reunindo forzas cos seus homólogos de Asturias, Cantabria, País Vasco e Francia. Estes territorios son os máis afectados pola presenza do insecto invasor que a día de hoxe, é a peor ameaza para as abellas e para a industria derivada delas. Así pois, a Asociación Galega de Apicultura (AGA) celebrará o Día do Apicultor cunha xuntanza en Arzúa onde se exporán diferentes experiencias para a eliminación da velutina.

Lolo Andrade retirou no municipio coruñés de Coirós un niño de avespa velutina de máis dun metro de alto e de case 20 quilos de peso
Lolo Andrade retirou no municipio coruñés de Coirós un niño de avespa velutina de máis dun metro de alto e de case 20 quilos de peso | Fonte: CONTEXTOPLUS.

Coa xuntanza deste sábado 17, AGA prentende dar conta da situación actual que viven os apicultures e apicultoras dos lugares convidados ao evento. Por outra parte, os apicultores galegos queren profundar nos coñecementos de eliminación da vespa asiática cos seus colegas convidados. A intención é poder contar con solucións eficaces de cara a erradicación da velutina.

NOVAS MANEIRAS DE ELIMINACIÓN

Nese sentido, a reunión de Arzúa servirá para saber da experiencia da Unión Nacional de Apicultura Francesa (UNAF). Esta organización gala ten xa máis dunha década de prácticas adicadas ao combate do tártago asiático con resultados positivos. Ademais da representación francesa, acudirán voceiros das plataformas Stop Velutina de Asturias e Cantabria, formadas recentemente. As dúas formacións exporán cales son as súas reivindicacións así como os resultados que tiveron ata o de agora.

Pola súa banda, AGA dará a coñecer a súa proposta de loita para este ano e tamén cal é a situación a día de hoxe en Galicia en relación á vespa invasora. Doutra parte, a Plataforma Stop Velutina Galicia fará unha exposición sobre o traballo desenvolvido no país por este colectivo ademais de perfilar as súas expectativas de cara o futuro.

O encontro de Arzúa servirá tamén para que os profesionais coñezan as novidades en ferramentas para a protección das colmeas. Nese sentido, organizarase unha exposición de diferentes modelos de trampas eléctricas coa finalidade de protexer as abellas. Serán diversos sistemas para poder comparalos e atopar o máis acaído. No caso de precisar asesoramento sobre este punto en concreto, estará presente a investigadora e socia de AGA, Sandra Rojas, quen participou nun estudo sobre a invasión da velutina desde a Universidade de Vigo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta