Temas: RAJOY IGREXA BANCA

Un cura pide a expulsión de Mariano Rajoy da Igrexa Católica

Os usureiros e os que cooperan coa usura deben ser expulsados da Igrexa”, asegura Luis Rodríguez Patiño, cura de Xestoso, polas axudas do Goberno español á banca.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 14/02/2018 | Actualizada ás 08:43

Comparte esta noticia

Luis Rodríguez Patiño, o cura de Xestoso (A Coruña), e moi coñecido polas súas críticas contra as inxustizas e os políticos corruptos, volveu este martes a sorprender aos seus fieis ao pedir a expulsión do presidente do Goberno español, Mariano Rajoy, da Igrexa Católica.

Feijóo, Rajoy e Cospedal nun acto na Catedral de Santigo
Feijóo, Rajoy e Cospedal nun acto na Catedral de Santigo | Fonte: xunta

“O presidente Rajoy deu miles de millóns aos bancos e estes agora xa recuperados non os devolven e ademais perdóaselles a débeda”, asegura Rodríguez Patiño ao considerar que na ortodoxia católica isto é “un pecado moi grave”. 

De feito, lembra que o Cardeal Juan José Omella xa dixo que era “pecado” que os bancos non devolvan o diñeiro que a sociedade lles prestou durante a crise. "Creedes que é normal que se axudase aos bancos para saír desta crise e agora produzan beneficios sen dar nada á sociedade? Iso é pecado, porque os bens han de ser para a sociedade, non para nós", dixo o cardeal de Barcelona que criticou que a banca non devolva á sociedade o prestado tras o rescate.

Unhas afirmacións que Luis Rodríguez Patiño fai súas. Por iso, considera que Rajoy debería ser “expulsado” da Igrexa por ter “atentado” contra o dereito da vida de moitas familias que non teñen o necesario para vivir. E tamén o critica por “producir mortes” polos “recortes sanitarios”. “Por tod isto débeselle impedir a entrada aos templos católicos”.

Temas: RAJOY IGREXA BANCA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 TaTrastornado

Y el Provisorato, de adorno... Con lo bien que le venía a este sacerdote tan extravagante unas semanitas en una casa de ejercicios para que meditase sobre el valor de la modestia en un cristiano...

1 Uri

O fatxa de turno ten que vir ouveando pra protexer ao seu amo. Guau, guau!