GC Aberto
Temas: XUSTIZA

O conflito da Xustiza desde as "barricadas"

Tentar facer un resumo da situación da administración de Xustiza neste mes de febreiro de 2018 non é unha tarefa fácil. Chega unha á conclusión de que ata para ser opositor hai que ter sorte: ser galego é un hándicap máis se aterras nun concurso de traslado nesta CCAA e cun goberno absolutista liderado por Alberto Núñez Feijoo.

Por admin | Ferrol | 14/02/2018

Comparte esta noticia

Os funcionarios de xustiza, cando opositamos, fixémolo a un corpo de carácter nacional, sabendo que esta decisión abocábanos a ter que pasar anos fóra da nosa casa e da nosa contorna, unha media de dez anos para volver a Galicia e sen a garantía de facelo de forma definitiva a casa, ao noso fogar, senón a algunha cidade ou pobo dalgunha das 4 provincias.

Xulgados de Vigo baleiros na folga indefinida da Xustiza galega
Xulgados de Vigo baleiros na folga indefinida da Xustiza galega | Fonte: Miguel Núñez.

Pouco a pouco as CCAA foron asumindo competencias en materia de xustiza, competencias transferidas, pero mantendo a condición de funcionarios estatais, dependentes da lei orgánica e non da lei de función pública: no propio prólogo desta lei figura a excepcionalidade dos funcionarios da administración de xustiza.

Con todo, o que está tan claro na normativa e que por lóxica debería ser de preceptiva aplicación, neste mundo singular do goberno do PP en Galicia non é así craso erro: Somos os apestados da administración, os leprosos.

A sensación que sentimos éque somos apátridas: somos galegos cando convén, cando convén ao triunvirato liderado por Alberto Núñez Feijoo e "acompañado" polos seus adlateres neste labor: Alfonso Rueda e JJ Martín e, nas últimas datas, como actor extra, o director xeral de Función Pública.

Somos galegos cando lles convén publicar e alardear nos medios de comunicación dunha mesa de negociación, “aberta ao diálogo” e na que eles sempre están dispostos a sentarse, e a misma na que curiosamente, pero esto só se sabe de portas para dentro; péchanse en banda, ofertando unha esmola como subida no complemento autonómico transitorio, que xa só nos provoca un sorriso, por non chorar; e na que a Presidenta do Consello de Relacións Laborais, que nas dúas mesas nas que participou acadou puntos de aproximación entre as dúas partes, dun xeito repentino foi rexeitada e convertida tamén nunha “apestada”, sendo substituida, como si de unha comedia se tratase (aínda que para os traballadores que están a perder parte do seu soldo nesta folga indefinida é unha verdadeira traxedia), polo director xeral de Función Pública.

Un incremento de 25 euros ao mes ( no corpo superior, e moi inferior nos outros corpos) pero que non se aplicaría ata o 1 de xaneiro de 2019: sí, ésta é a oferta “xusta e xenerosa” que nos ofrece a Administración; unha subida que, na comparativa coas cantidades roubadas, e digo roubadas, por este goberno do partido popular necesitariamos máis de 10 anos para recuperar o poder adquisitivo que este goberno deixou nas súas arcas en aras a unha crise na que todos tiñamos que cooperar e arrimar o ombreiro.

Sr. Feijoo, se quere datos, tal e como expón en cada unha das súas comparecencias públicas, datos sobran.

Tal e como dixen no anterior parágrafo, coas cantidades que vostedes ofrecen, non teríamos ningún incremento de soldo. Sería unha recuperación da “mordida” que durante catro anos fixeron nos nosos soldos.

As táboas de retribucións que expoñen, usando a intranet da administración como se fose o NODO para xustificar o inxustificable en lugar de empregala como ferramenta de traballo, o que é en realidade, onde deberían plantexala e rebatila é na mesa de negociación.

Repase os seus coñecementos de xeografía, estude o número de CCAA que hai en España, non faga divisións das propias divisións: xa somos todos adultos e como tal deberímos actuar.

O territorio “Ministerio” nesta administración de xustiza estáconstituido por Murcia, Baleares, Castela A Mancha, Castela León e Extremadura.

Non son cinco territorios distintos, é un so. Territorio, que por certo, non ten os descontos por enfermidade que nós síestamos a sufrir. Pero territorio que, desglosado en cinco pezas, síe ven moi ben para facer una estadítica e “falsear” os datos da comparativa.

Pero a "necesidade" de recadar diñeiro custe o que custe ten un obxectivo claro e preciso e xustifica todo: para o empregado público, que non escravo, aínda que xa fai pensar este extremo éxa un credo para algúns, o feito de estar enfermo é tamén unha penalización e un castigo: ata unha listaxe de 38 enfermidades consideradas de declaración obrigatoria polo Ministerio de Sanidade son obxecto de minoración nos soldos xa raquíticos dos funcionarios públicos: un 50 por cento durante os tres primeiros días e un 25 por cento entre o cuarto e o vixésimo día: moralexa: a xente está enferma porque quere.

O que desde logo non se lle pode reprochar a esta administración é a súa capacidade de aforro. Non só no complemento autonómico que foi recortado durante catro anos, a CCAA de Galicia foi que máis tempo sufriu este recorte, e nas Incapacidades temporais, senón tamén coas substitucións, onde non se aplica a lóxica de "igual traballo, igual salario", onde por facer o mesmo traballo que o compañeiro podemos ter retribucións minoradas ata en 200 euros, como nos nomeamentos de interinos, que se demoran ata o inimaxinable.

Todo, para esta administración, que enche a boca dicindo os centos e centos de millóns que investiron en tecnoloxía para reforzar os xulgados, baséase no vil diñeiro.

Criminalizan aos traballadores, empregados públicos que supeditan no seu traballo diario todo ao interese do cidadán, que traballan con escasos medios, en oficinas xudiciais onde o papel ten un papel, vaia a redundancia, estelar.

Onde os medios materiais brillan pola súa ausencia: cadeiras rotas, repousapés que non puideron abastecer ao investirse máis diñeiro do calculado en novos edificios xudiciais, espazos demasiado reducidos, e, por poñer outro exemplo, arquivos saturados, a pesar de existir unha normativa que debería baleiralos (sirva como exemplo que segundo a devandita normativa, só os arquivos dos útimos cinco anos deberían estar nos sotos dos edificios xudiciais, pero, unha vez máis, a realidade supera a calquera ficción e hai arquivos ata dos anos 30 do século pasado) e crearse un organigrama que desenvolvese este punto.

Todo, todo o supeditan a que sería ilegal unha subida de soldos este ano, en que a oferta é de cero euros, en palabras do conselleiro de Función Pública, pero eu entendo que unha lexislación, que está vixente, tamén debería ser aplicada: a vara de medir é"o ancho para min e o estreito para tí”: neste caso “ti” somos os funcionarios deste goberno medieval pola súa impostura.

Ofertan un aumento dos días para paternidade e maternidade, oferta da que xa disfrutan os traballadores dependentes da Xunta de Galicia e, por ende, funcionarios autonómicos.

Oferta a unha plantilla xa envellecida, pois cando conseguimos chegar á nosa terra xa non estamos nos 20 nin tampouco nos 30.

O goberno autonómico do PP, con Alberto Núñez Feijoo ao frente, subiu os seus soldos, non comparables cos traballadores da administración de xustiza, un 7,5%, pero algunha xustificación terán, digo eu.

Como funcionaria de Xustiza solicito a esta administración que realmente sente a negociar cos traballadores, que deixe de argumentar con falacias e mentiras, que soltar todo este "lixo" á cidadanía non vai supoñer unha solución. Os traballadores xa non aguantamos máis estar pisados.

Pedimos igualdade, igualdade cos nosos compañeiros doutras CCAA, CCAA nas que se aplican os mesmos descontos por enfermidade a xuíces e maxistrados que aos funcionarios, CCAA nas que si se traballo realizado, onde o goberno das devanditas CCAA senta ás mesas de negociación cos representantes dos traballadores e acadan acordos.

Cómo poden falar, despois de mostrar por voto unánime no parlamento de Galicia o seu apoio, xunto cos partidos da oposición, ás peticións dos funcionarios da Administración de Xustiza?. Qué incongruencia!

Na xornada de folga do 25 de xaneiro case 2.000 traballadores da administración de xustiza en Galicia dun total de 2.700 estivemos na manifestación de Santiago de Compostela. Incidir en varios puntos a resaltar: O comité de folga non se levantou da mesa de negociación en ningún momento: Os nosos soldos non son como os seus, Sr. Feijoo. Unha xornada de folga, e xa non digo as que levamos, xunto coas tres dos meses de decembro e xaneiro, desde o inicio da folga indefinida o dí 7 de febreiro minan os nosos soldos.

Ver que xurden apoios tanto polos fiscais, avogados e xuíces ás nosas reivindicacións quizá debería facerlles meditar. Creo falar en nome dos meus compañeiros e compañeiras, se digo que nesta loita imos chegar ata o final.

Non aguantamos máis.

Carmen Rodríguez - funcionaria de xusticia

Temas: XUSTIZA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 Xesteira

Moita forza! Estes da mafia que nos goberna queren que sexamos galegos cando lles convén e españois cando lles peta. Ánimo, que estades a ser exemplo para todos nós. A vosa diginidade é admirable.

2 Paco

Carmen parece que imos ter sorte, xa se fala de que a Xunta pretende devolver as competencias da xustiza ao Estado...

1 Cidadán

Estoy de acuerdo en que la transferencia de la Justicia a las CCAA fue una calamidad para muchos, al igual que pasó con la Sanidad y Educación. El gasto se ha disparado, pero no así la calidad del servicio al ciudadano. Es fuente además de todo tipo de discriminaciones. Pero, como por razones laborales frecuento los juzgados y observo en muchos un escaqueo generalizado voy a hacerle unas preguntas ¿se puede saber cuanto cobra usted y cual es su horario real de trabajo, descontando cafés, paradas para fumar, visita al médico en horario de trabajo, etc?¿Tienen ustedes horario reducido en algún periodo del año y cual es, por favor? Por otro lado tendrá usted que reconocer que no es igual el coste de la vida en Vimianzo que en el centro de Madrid o Barcelona, ¿o no?

1 Cidadá

Pois si. Está claro que o problema é a transferencia a todas esas "comunidades" das competencias que non querían, pero que lles meteron a calzador porque os galegos e outras nacionalidades históricas con verdadeira ansia de autonomía si que as reclamabamos. Como por exemplo no eido da Sanidade, onde o problema foi a creación do Sergas. Está claro. E o feito de que nos últimos cinco anos o investimento público na Sanidade baixara un 6% e os ingresos da sanidade privada medraran un 16% non ten nada que ver. Como diría un francófono: rien de rien.