Á venda unha das grandes torres medievais da Costa da Morte

Pertenceu a nobres emparaentados coa casa de Altamira e está documentada xa desde o século XIV.

Por Galicia Confidencial | Cabana de Bergantiños | 12/02/2018 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

O Castelo da Penela ou Torre da Penela aparece documentada por vez primeira no século XIV. Dise que foi fundada por Lope Bermúdez, un nobre emparentado coa liñaxe dos Altamira, casado con Dona Urraca de Moscoso, unha das máis famosas descendentes dos Traba. Formaba parte da rede de fortificacións para a defensa das terras destes nobres na actual comarca de Bergantiños.

Pero esta foraleza atópase en estado ruinoso... E tamén á venda. Atópase na localidade Riobó na parroquia de Silvarredonda do Concello de Cabana de Bergantiños e é unha das torres medievais máis descoñecidas de Galicia porque fai décadas que está en pleno estado de abandono. O seu actual propietario, Álvaro Ozores Pedrosa, descendente dos antigos donos, decidiu finalmente sacala á venta. Máis no portal Historia de Galicia.

A Torre da Penela, en Cabana de Bergantiós, está á venda
A Torre da Penela, en Cabana de Bergantiós, está á venda | Fonte: Galipedia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta