Cae Cristóbal Parralo, segundo adestrador destituído en tres meses no Dépor

Martín Lasarte podería ser a última bala para salvar o Dépor. É o principal candidato para dirixir o equipo.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 04/02/2018 | Actualizada ás 12:27

Comparte esta noticia

Era unha destitución xa cantada. A última e humillante derrota do Deportivo da Coruña en Anoeta (5-0) levou ao Consello de Administración do Real Club Deportivo a destituír Cristóbal Parralo como adestrador do primeiro equipo.

Cristóbal Parralo.
Cristóbal Parralo.

Deste xeito, cae o segundo adestrador en tres meses, trala destitución de Pepe Mel a finais de outubro pasado.

Nunha nota, o Real Club Deportivo quere "agradecer a Cristóbal o seu esforzo, dedicación e traballo no tempo no que permaneceu neste posto de primeiro técnico do equipo profesional branquiazul".

O principal nome para coller as rendas do equipo é o de Martín Lasarte, ex-futbolista uruguaio do Deportivo e con experiencia como adestrador en España á fronte da Real Sociedad.

De momento, os coruñeses teñen por diante a urxencia de gañar tres puntos na vindeira xornada, ante o Betis en Riazor. Unha nova derrota podería ser fatídica, co equipo metido xa en postos de descenso e sen síntomas de recuperación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 SRIYNA

De momento, os coruñeses teñen por diante a urxencia de gañar tres puntos na vindeira xornada, ante o Betis en Riazor. Unha nova derrota podería ser fatídica, co equipo metido xa en postos de descenso e sen síntomas de recuperación LA LIGA.