Temas: CELTA ROMA

Atópase a primeira escultura completa dun galaico do século I

Estaría nun arco romano de triunfo na cidade francesa de Carpentras e está representado coma un prisioneiro encadeado, xunto a outro guerreiro frisio.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 11/01/2018 | Actualizada ás 11:30

Comparte esta noticia

Un home encadeado, coas mans ás costas, cunha forte musculatura e rudas capa e túnica de la para protexerse do frío, con poboada barba e unha melena levada polo vento.  Esta sería a imaxe dun guerreiro galaico do século I e está nun arco de triunfo que os romanos ergueron na actual cidade francesa de Carpentras.

Guerreiro galaico representado nun arco romano do século I. A súa esquerda, un guerreiro frisio
Guerreiro galaico representado nun arco romano do século I. A súa esquerda, un guerreiro frisio | Fonte: Culturagalega.org

Iso é o que cre o catedrático de Arqueoloxía de Grecia e Roma da Universitat Rovira i Virgili, Joaquín Ruiz de Arbulo, tras unha longa investigación sobre outras figuras semellantes. E, por que está tan convencido de que se trata dun galego? Aos seus pés hai un símbolo determinante: a característica falcata, a espada de filo curvado típica da Iberia prerromana. “É un prisioneiro galaico”, afirma o arqueólogo. Xunto a el hai outro prisioneiro Frisio e na outra faciana do arco, un xermano e un exipcio. Máis no portal Historia de Galicia. 

Temas: CELTA ROMA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Antinostrus

Xa desde aquelas, sempre perdendo, Galiza, sempre perdendo!!!.....despois viñeron os cipaiomononeuronaismalnacidos, tipo Nostrus, para acabar de rematá-la.......

1 Muera_el_amor_propio

E cando gaña sempre lle din: "mal feito", "iso non se fai", "salvaxes", "feos", "eso no es cierto, los héroes somos nosotros".