Luís Moya, intervido con éxito dun aneurisma cerebral

O expiloto coruñés, de 57 anos e dous veces campión do mundo de rallys, atópase “ben e recuperándose” tras ser operado de tres aneurismas cerebrais, un deles de gravidade, no HM Modelo da Coruña.

Por gcdeportes | A Coruña | 07/01/2018 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

“Que suerte he tenido! Recuperándome de un aneurisma cerebral, sin secuelas. Un beso para todos”, escribiu no seu twitter ao día seguinte da operación. O expiloto de rallys Luís Moya foi intervido este venres de tres aneurismas cerebrais, un deles de gravidade, no Hospital Médico-Quirúrxico HM Modelo da Coruña, unha operación trala cual o piloto coruñés atópase “ben e recuperándose”.

Luís Moya, trala oporación dun aneurisma cerebral.
Luís Moya, trala oporación dun aneurisma cerebral. | Fonte: @lmoya_oficial

“Sin duda, el mejor regalo de Reyes ha sido saber que @lmoya_oficial se encuentra bien y recuperándose, tras la intervención quirúrgica sufrida ayer por un aneurisma cerebral. Te deseo pronta recuperación querido Luis. Forza amigo”, escribiu o presidente da Federación Española de Automovilismo (RFEA), Manuel Aviñó, na mesma rede social.

O coruñés, de 57 anos, foi copiloto do madrileño Carlos Sainz de 1988 a 2002 no Mundial de Rallys, quince anos nos que acadaron dous títulos mundiais (1990 e 1992) e catro subcampionatos.

Ás mostras de cariño sumouse no día de Reis Carlos Sainz. “Ahora que ya se sabe, @lmoya_oficial te mando toda la fuerza del mundo para que te recuperes pronto, no me des estos sustos antes del Dakar! Recupérate pronto, que todavía nos queda hacer algún rally de clásicos. Te mando el abrazo más grande del mundo para el mejor del mundo", escribiu nas redes sociais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta