O Parlamento de Galicia ofrece prazas de informática sen esixir formación nesta especialidade

O Colexio de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia presenta recurso de reposición contra a Cámara galega por abrir a todas as titulacións a convocatoria de prazas para o Grupo B de Informática.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 02/01/2018 | Actualizada ás 10:56

Comparte esta noticia

O Colexio de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG), mediante o seu presidente, Marcos Mata, presentou o pasado 28 de decembro un recurso potestativo de reposición contra o acordo da Mesa do Parlamento de Galicia que abre a todas as titulacións a convocatoria de dúas prazas da escala técnica en informática da Cámara Galega, por entender que infrinxe os principios de mérito e capacidade e quebranta o de igualdade.

Aprobada a lei de portos no Parlamento de Galicia.
Aprobada a lei de portos no Parlamento de Galicia.

Inicialmente, estas prazas foron convocadas esixindo titulación en informática, segundo as bases publicadas no DOGA do 22 de agosto de 2017, pero como consecuencia dun recurso presentado e estimado pola Mesa do Parlamento, a Cámara acordou a modificación dos requisitos de formación, deixando abertas estas dúas prazas a “calquera persoa diplomada ou graduada nunha titulación de calquera rama”, segundo as bases, publicadas no DOG do 28 de novembro de 2017.

Nas súas alegacións, o CPETIG argumenta que a formación esixida en principio –diplomatura en informática, enxeñaría técnica en informática ou grao en enxeñaría informática- é a requerida expresamente para os postos convocados pola lexislación do propio Parlamento, do mesmo xeito que así se dispón na Relación de Postos de Traballo da Administración do Parlamento de Galicia.

O CPETIG considera que abrir a convocatoria destas prazas á xeneralidade das profesións supón “unha discriminación ao ver usurpada a súa especialización”. E pon de relevo que outras Comunidades Autónomas dirixen as convocatorias de postos similares única e exclusivamente a persoas tituladas en enxeñaría técnica en informática, que son as únicas oficialmente capacitadas segundo a súa titulación para o exercicio das funcións propias das prazas convocadas.

Este caso, din, "deixa en situación de evidente indefensión aos profesionais da enxeñería técnica en informática en Galicia, que ven quebrantado o principio de igualdade por partida dobre: tanto en relación a outras titulacións como a outras Comunidades Autónomas, nas que sí se respetan os seus dereitos".

Asemade, o CPETIG entende que se estarían conculcando os preceptos de igualdade, mérito e capacidade para o acceso ao emprego público, derivados na normativa vixente, e a necesaria adecuación entre o contido  dos procesos selectivos e as funcións e tarefas a desenvolver, recollida no Estatuto Básico do Empregado Público.

O CPETIG apreza, por outra banda, unha total falta de motivación no cambio de criterio das bases da convocatoria, tendo en conta que “non se utiliza ningún argumento con fundamento suficiente que xustifique que unha praza dirixida a profesionais dun perfil concreto se abra a unha xeneralidade de profesións, sen ter en conta a afinidade da materia, infrinxindo os principios de mérito e capacidade”.

En consecuencia, o CPETIG solicita no seu recurso que se declare a nulidade dese acordo da Mesa do Parlamento polo que se modifican as bases do proceso selectivo, dictando no seu lugar outro polo que se deixe sen efecto a modificación acordada.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

4 Pedro Franco Fernández

Querrán meter a algunos recomendados que no tienen la titulación necesaria y lógica

3 Alfredo García Domínguez

Manda carallo! Se fan o mesmo para prazas de doutor, enfermeiro, avogado, etc... móntase a de San Quintín, pero os informáticos (enxeñeiros ou técnicos FP) non pasa nada, xa esta www.google.com para solucionar as dudas. E para enchufado onde se presenta un e con que titulación?

1 Roya

Te afilias al pp y listo qué no os enterais

2 Roya

Vamos a ver hay qué enchufar y si él enchufado no sabe hacer la o con un canuto da igual qué para eso es del pp se toda la vida es qué no os enteráis

1 Don Pimpón

Queridos enxeñeiros informáticos. Non todo o que leve a palabra informática refírese a un enxeñeiro. Tamén existen os FP de informática, os físicos, os matemáticos... da mesma forma que non tódolos técnicos instaladores de R son enxeñeiros de telecomunicacións, nin todos os mécanicos nos talleres son enxeñeiros industriais.

1 donde digo diego

Nin para pertencer ao corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala enxeñeiros de telecomunicacións, hai que ser enxeñeiro de telecomunicacións... ou si? ANEXO II - www.xunta.gal/dog/Publicados/2014/20140526/AnuncioCA01-200514-0001_es.html