Abel Caballero e a súa peculiar versión trilingüe da panxoliña 'O Tamborileiro'

O alcalde de Vigo felicita as festas de Nadal cunha singular interpretación do famoso vilancico, que tocou con guitarra e cantou en castelán, galego e inglés. Vídeo no interior.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 23/12/2017 | Actualizada ás 11:59

Comparte esta noticia

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, quixo felicitar as festas de Nadal aos vigueses cunha singular interpretación da panxoliña "O Tamborileiro" en tres idiomas: español, inglés e galego.

Abel Caballero interpreta 'O Tamborileiro' en castelán, inglés e galego
Abel Caballero interpreta 'O Tamborileiro' en castelán, inglés e galego | Fonte: Cadena SER.

Foi durante a emisión do programa 'Vigo de Cerca', de Localia Televigo. Caballero colleu unha guitarra clásica e arrincouse a cantar o famoso vilancico, non sen antes advertir á audiencia do programa: "Ya saben que yo canto mal, toco peor...", dixo antes de arrincar cos primeiros acordes á guitarra e cantar primeiro en español, logo nun pobre inglés e logo en galego esta panxoliña universal.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Gamela

Felices Festas... #JuanEnHuelgaDeHambre https://www.lavozdegalicia.es/notic...

1 Anti...

O trilinguismo de feijoo o colleu fora de idade, mais daselle ben. Primeiro castelán, logo inglés e de derradeiro o galego e isto porque non manexa máis linguas senón o galego podería ser o décimo.

1 Pardao

Fai coma o rei que dí felices festas despois de dicir eguberri on e bon nadal. Ser últimos está claro que ten o seu significado... O de recheo!